ESTRATEXIAS EXITOSAS PARA FALAR COS NENOS

Que sucede cando as palabras, as ideas e os sentimentos saen dos nosos beizos e se introducen nos oídos e nos ollos dun neno?

Isto chámase comunicación. A comunicación  non só se relaciona  co que dicimos, senón  co modo no que o dicimos. Este é un elemento clave no desenvolvemento  dos nenos saudables. A comunicación é moito máis que as palabras.

Comunicámonos coa mirada – sorrisos e xestos; coas accións -, con abrazos e palmadas, e incluso co silencio,  cálido e frío. Usualmente, os adultos teñen unha boa comunicación cos nenos cando dan direcións o explican perigos comúns.

Por outro lado, moitas veces teñen dificultade para  comunicarse cando los sentimentos – do neno ou  os propios – están involucrados. A modo de exemplo, o folleto “Estratexias Exitosas para Hablar con Niños Pequeños” amósanos  como empezar a falar e a  escoitar con sentimentos. Suxire modos de canalizar as palabras e os sentimentos que serán escoitados … pero que no causarán dano. Unha boa comunicación é importante para agora y para despois, xa que axuda aos nenos a desenvolver a  súa confianza en si mesmos e a afirmar as súas relacións cos demais. A boa comunicación fai a vida mais fácil tanto para eles como con eles mesmos.

 

 Unha boa comunicación conduce a relacións cálidas, cooperación e sentimentos de autoestima. Unha comunicación pobre conduce a relacións frustrantes, a conflitos e a sentimentos de inutilidade. É unha boa inversión o aprender a ser un bo comunicador. As seguintes páxinas presentan algunhas maneiras de conversar cos vosos nenos. Espero que vos sexan útiles

Picade na imaxe

 

Powered by Drupal - Design by artinet