Escola de pais/nais

COMO CONTROLAR AS RABECHAS

Como xestionar as terribles rabechas? Picade na imaxe e leredes un interesante artigo

GUÍA PARA AS FAMILIAS

Compartimos esta interesante guía "Te suena familiar. Guía para la famila" publicada por UNICEF e dirixida a todas as persoas que teñen ao seu cargo o coidado e a crianza dos nenos, abordando diferentes temas que poden axudar no proceso do coidado e da crianza.

Parte  da idea de que para coidar, educar e criar a un neno debemos empatizar con el e aprender a responder sensiblemente ás súas necesidades.

 

COMO ENSINAR A ESTUDAR AOS FILLOS EN DEZ PASOS

A miúdo os malos resultados académicos non teñen tanto que ver coa capacidade intelectual do estudiante, como coa súa escasa concentración ou o seu nulo manexo das técnicas de estudo. Moitos pais observan con desesperación como o seu fillo pode pasarse horas diante ol libro, para despois ter malas notas no  exame. Este problema ten solución. Non se trata de estudar máis, senón de estudar mellor.   Tica na imaxe e saberás  como ensinar a estudar aos teus fillos en dez sinxelos pasos.

 

 

COMO AXUDAR AOS FILLOS/AS NOS ESTUDOS

Guía elaborada pola Confederación Española de Asociacións de Pais de Aumnos  (CEAPA) onde se explica como podemos axudar aos nosos fillos nos estudos. Picade na imaxe se queedes coñecela

GRANDES HÁBITOS QUE DEBEN DESENVOLVER DENDE PEQUENOS

Os hábitos e as rutinas son necesarios para acadar un axeitado desenolvemento. Presentamos unha seleción de hábitos necesarios para que os  nenos e nenas mrdren sans en todos os niveis,

 

PIRÁMIDE ACTIVIDADE FÍSICA NA INFANCIA

                   Unha dieta equilibrada é imprescindible pero non é suficiente.

             A fundación Dieta Mediterránea  recoméndanos a seguinte lista de actividades para os nenos e

             nenas

              Moverse cada día : camiñar, correr...

              3-5 veces á semana deportes vigorosos : fútbol, patinaxe, ciclismo, natación...

              2-3 veces á semana  actividades para potenciar a flexibilidade e a forza: baile, flexións, artes

               marciais...

              Menos de dúas horas ao díaver a televisión, xogar cos xogos electrónicos, xogar co ordenador...

         

Powered by Drupal - Design by artinet