Escola de pais/nais

GUÍA PARA DESENVOLVER CONDUCTAS RESPONSABLES

Esta guía para o desenvolvemento  de condutas responsables, editada polo Departamento de Educación do goberno de Navarra,  aborda diferentes temas, pero sempre desde un enfoque moi concreto e práctico. En primeiro lugar, explica como entende a responsabilidade en cada idade dende os 3 ata  os 12 anos, con condutas e hábitos concretos. Tamén  ofrece pautas para os  pais e nais sobre que facer cando se encomenda unha responsabilidade ou tarefa aos fillos: que facer antes, durante a realización da tarefa, despois de realizala e  que facer cando se nega a realizala.

Picade na imaxe para coñecela

ESCOLA DE PAIS/NAIS 2014/2015

O MÉRCORES 3 DE DECEMBRO ÁS 18:00 HORAS TERÁ LUGAR NO COLEXIO UNHA NOVA EDICIÓN DA ESCOLA DE PAIS/NAIS

 Retomamos de novo este curso a escola de pais/nais que iniciamos no curso 2012/2013. Esta primeira sesión, que se impartirá na biblioteca do centro, estará a cargo de Nieves Rodríguez Vázquez, orientadora do centro e organizadora desta escola de pais/nais. Nieves dará unha charla informativa sobre a LOMCE (a nova Lei de educación que empeza a implantarse este curso): a súa implantación, a nova estrutura do sistema educativo, os obxectivos, a configuración curricular, a avaliación, as novas medidas de atención á diversidade...

Rematará a sesión cun debate onde se intentarán esclarecer todas as dúbidas. 

 

ESTADES TODOS INVITADOS!  ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA!! 

MANUAL INSTRUCIÓNS PARA PAIS E NAIS

Este é un manual de instrucións para pais e nais onde recollen as respostas a diferentes consultas sobre nenos de 0 a 6 anos. Picade na imaxe para coñecer este manual.

ESCOLA DE PAIS E NAIS: CHARLA ESTILOS EDUCATIVOS NA FAMILIA

As relacións entre pais e fillos defínense por un estilo particular, que queda reflectido na forma de establecer normas e límites, de recompensar e/ou castigar e de comunicarse. Hai catro estilos parentais (autoritario, democrático, superprotector e indiferente). Isto non quere dicir que cada familia se sitúe exclusivamente nun deles. O estilo de cada familia é a tendencia a manifestar unhas características máis propias dun ca doutro estilo. Coñecer os estilos educativos pode axudar a prever e a saber cales son as principais consecuencias positivas ou negativas do uso dun estilo ou doutro na práctica educativa cos fillos. A tendencia dun estilo ou outro é variable, dependendo da interacción establecida cos fillos nas diferentes idades .

No seguinte video, a  través de cinco cortos de ficción (desdobrados en dous cada un deles), recreéanse dinámicas de educación entre pais e fillos en situacións cotiás mais ou menos conflitivas. Os diferentes casos tratados no vídeo ofrecen claves sobre diferentes prácticas e estilos educativos.


Para profundizar nos diferentes estilos educativos e nas súas consecuencias premede na imaxe


ESCOLA DE PAIS E NAIS

A escola de pais e nais é un espazo de aprendizaxe onde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva se converten en ferramentas que permiten mellorar os recursos educativos. As Escolas de nais e pais son espazos de información, formación e reflexión dirixidos a pais e nais, familiares e docentes que se encargan da educación dos menores. En definitiva é un lugar de encontro onde mediante o diálogo e a análise tentamos poñer en común diferentes puntos de vista sobre temas de interese educativo. 

Preme na imaxe para coñecer o noso programa da escola de pais/nais

Powered by Drupal - Design by artinet