Skip to Content

Recollida de vales para material escolar e vales para libros de texto.

 

Os vales de material escolar e os vales para libros de texto, poden pasar a recollerse na secretaría do centro a partires do día 1 de setembro.

 

Durante o mes de agosto o servizo de administración do centro permanecerá pechado.

RECOLLIDA DE VALES PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR E VALES PARA LIBROS DE TEXTO.

 

Os vales para as axudas para material escolar e para libros de texto poden pasar

a recollerse na secretaría do centro   partires do  día 1 de setembro 

 

Durante o mes de agosto o servizo de administración do centro permanecerá pechado.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

O 20 de xuño, os 50 alumnos/as de 6º de educación infantil celebraron a súa graduación nesta etapa e o paso a educación primaria. Picando na seguinte imaxe pódese ver un vídeo sobre a actividade.

 

MATRICULACIÓN DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024

O alumnado admitido para o próximo curso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño. A documentación a presentar no momento de matricularse será a seguinte: 

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado.  Poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarlo na páxina web.
  • Fotocopia da tarxeta ou carnet de asistencia sanitaria.  Ambas caras da tarxeta deberán ir na mesma cara da fotocopia.
  • Catro fotografías tamaño carnet, con nome e apelidos pola parte posterior.
  • Certificación académica (XADE) do centro de procedencia do alumno/a, na que se especifique se promociona ou non (excepto para o alumnado de 4º de Educación Infantil).
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.

 

Como documentos adxuntos poden atopar o impreso de matrícula e outra documentación de interese relacioanada coa nova incorporación ao centro.

 

Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos)  a unha reunión para o 27 de xuño ás 12:30, debendo acudir a ela sen os nenos ou nenas.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

 

Picando na seguinte imaxe ou en "arquivo adxunto" pódese descargar a listaxe de libros de texto, dos diferentes niveis, que se van utilizar no centro durante o curso académico 2023-2024.

 

 

EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN

 

O 12 de xuño, os nenos e as nenas de 3º de educación primaria fixeron unha excursión á Illa de San Simón. Picando na seguinte imaxe pódese ver un vídeo que recolle instantáneas dalgúns momentos da xornada.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut