Novas

Festa de Fin de Curso 2023

[09/06/2023]

Recordamos que está aberto o prazo de inscrición para a festa de Fin de Curso:

Mércores 21 de xuño:

  • 16:00 - 17:00: Actuación dos participantes en extraescolares
  • 17:00 - 19:00: Talleres, inchables, xogos populares
  • 19:00 - 20:00: festa da escuma 

 

Haberá merenda para os rapaces

 

Recolle o teu ticket no local da ANPA, o xoves 15 ou venres 16, nos seguintes horarios:

  • 9:00 - 9:30
  • 14:00 - 15:30 

 

Consultade toda a información na APP.


 

Excursión a Sanabria 2023

[13/05/2023]

Desde a ANPA estamos organizando unha excursión a Sanabria onde visitaremos o "Centro do lobo", o lago de Sanabria e Puebla de Sanabria.

Día: sábado 3 de xuño

Preinscripcións abertas ata o 21 de maio.

 

Consultade toda a información na APP.


 

Festa de Entroido 2023

[06/02/2023]

Recordamos que está aberto o prazo de inscrición para a festa de Entroido:

Venres 17 de febreiro de 17:00 a 20:00

Empanada, orellas de entroido e bica

Actuación musical

Concurso de disfraces (categorías: infantil, primaria e familias)

 

Recollida de entradas nos seguintes horarios:

  • luns 13, de 9:00 a 9:30 e de 14:00 a 15:30
  • martes 14, de 9:00 a 9:30 

 

Consultade toda a información na APP.


 

Festa de Nadal 2022

[14/12/2022]

Recordamos que está aberto o prazo de inscrición para a festa de Nadal:

Xoves 22 de decembro de 17:00 a 20:00

Chocolatada con churros

Bingo solidario (entregarase un cartón a cambio dun quilo de alimentos, que se donarán á parroquia para os máis necesitados)

Visita de Papá Noel con agasallos para as crianzas

 

Recollida de entradas o luns 19 nos seguintes horarios:

  • 9:00 a 9:30
  • 15:30 a 16:00
  • 19:30 a 20:00

 

Consultade toda a información na APP.


 

Campamento de nadal 2022

[28/11/2022]

Queda dispoñible na APP toda a información e o formulario de inscripción para o campamento de nadal.


 

Excursión Perlim 2022

[18/11/2022]

Desde a ANPA estamos organizando unha excursión a Perlim (Portugal), "O lugar da maxia"

Día: sábado 3 de decembro

Preinscripcións abertas ata o 23 de novembro.

Consultade toda a información na APP.


 

Distribuir contido