Skip to Content

Novas

ABERTO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS

De acordo coa nova normativa, está aberto o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2016-17:

- O prazo para facer a reserva de praza no IES Otero Pedrayo (alumnado de 6º) foi do 1 ao 15 de febreiro.

- O prazo para solicitar admisión no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (para alumnado de nova incorporación ao centro) ou nun Instituto distinto do Otero Pedrayo (alumnado de 6º) será do 1 ao 20 de marzo.

O Calendario completo do procedemento de admisión é o seguinte:

 

 

PROCESO

DATAS

1. Reserva de praza no centro de adscrición

1-15 de febreiro

2. Data do sorteo público a efectos de desempa.

25 de febreiro.

3. Publicación de postos escolares vacantes.

28 de febreiro.

4. Presentación da solicitude de admisión.

1- 20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

* Se o consello escolar solicita documentación complementaria,

dará un prazo de 5 días para a súa presentación.

Do 23 de marzo

ao 5 de abril

6. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

* Prazo para a presentación de reclamacións ante o consello escolar: 5 días.

24 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

* Prazo de recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial: un mes.

12 de maio

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

20 - 30 de xuño.

9. Formalización da matrícula en ESO e BAC.

Do 26 de xuño

ao 10 de xullo

Nos arquivos adxuntos poderase consultar máis información sobre o procedemento de admisión:

- Decreto que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

- Orde que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (ORDE 12 de marzo de 2013)

- ORDE DO 25 de xaneiro de 2017 que modifica a ORDE de 12 de marzo de 2013

- Información para solicitudes de admisión no noso centro (resume da normativa con respecto a centros de infantil e primaria).

- Instancia para solicitar admisión nun novo centro. Anexo II. Para o alumnado que pretenda incorporarse ao noso centro e para o alumnado de sexto que queira solicitar praza nun instituto distinto do Otero Pedrayo.

- Postos escolares ofertados polo centro, tendo en conta as vacantes existentes a data de 28 de febreiro de 2017.

30 DE OUTUBRO: DIA DO ENSINO (DÍA NON LECTIVO)

De acordo co calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, o próximo día 30 de outubro, venres, celébrase o DÍA DO ENSINO, considerado como non lectivo. Débese ter en conta tamém que o día 2 de novembro, luns, é festivo laboral na Comunidade Autónoma de Galicia. Polo tanto non haberá clase nin o venres (30 de outubro) nin o luns (2 de novembro).

VALES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Dende o próximo luns, 21 de setembro, as familias que solicitaron a axuda para a adquisición de material escolar, poderán recoller no centro o vale que lle foi concedido.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Educación acaba de convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

As solicitudes presentaranse no centro educativo no que estean matriculados os alumnos e alumnas. O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 2 de setembro ao 1 de outubro do presente ano.

Pode atopar máis información na páxina web da Consellería de Educación e nos arquivos que se adxuntan a esta nova (Orde de convocatoria das axudas, documentación a presentar e formulario de solicitude).

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E DE EXCLUIDOS NO BANCO DE LIBROS

No taboleiro de anuncios do centro están publicadas as listas definitivas de admitidos e de excluidos no Fondo Solidadrio de Libros de Texto para 3º e 5º de educación primaria. Na lista de admitidos aparecen os libros que lle corresponden a cada alumno/a. 

Está publicada ademais a lista completa de libros de texto que, a día de hoxe, compoñen o Fondo Solidario no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

Estas listas poden ser consultadas tamén nos adxuntos integrados nesta nota informativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut