Skip to Content

Actividades

CONCURSO DE COMEDORES

Bases Proceso para a Elección Servizo de Comedores 2016 - 2017

12/05/2016 por ANPA OS ROSAIS CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSIAIS)

Definición do proceso.

A ANPA OS ROSAIS, co CIF: G-32129686, pertence á Federación Provincial de A.P.A.s Públicas de Ourense “As Burgas” con C.I.F. G-32.009.037.

Queremos organizar a elección da empresa concesionaria do servizo de comedor e almorzos a través dunha votación entre @s nais e pais d@s nen@s usuari@s do comedor no CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSAIS)

Como asinantes do convenio de comedores coa Federación Provincial de A.P.A.s Públicas de Ourense “As Burgas”, a contratación do servizo de cátering electo para cubrir a demanda do comedor escolar do noso CEIP, a contratación do servizo realizarase finalmente desde a FAPA As Burgas.

O número de servizos a contratar no CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSIAIS), para o comedor é de 250 prazas máximo (demanda que agardamos cubrir na súa totalidade para o vindeiro curso), e para o servizo de almorzo a demanda actual de 30-50 en acollida temperá (con e sen almorzo). En caso de variación de datos renegociaríamos as condicións.

REQUISITOS que deben cumprir as empresas que se presenten ao proceso de elección. Organizado pola ANPA Os Rosais (semellantes aos esixidos pola FAPA As Burgas, no curso pasado):

 Número de Rexistro Sanitario específico de Cátering.

 Licencia Municipal para a actividade clasificada.

 Licencia Fiscal para actividades de Cátering.

 Non ter ningún expediente disciplinario ou sanitario negativo executado no último ano (Rexistro Mercantil, Dto. Sanidade e industria, Páx. de contratación).

 Compromiso de aportar contrato en vigor e alta na Seguridade Social do Persoal asignado ao servizo de cociña , comedores e acollida  temperá na data de comezo da actividade (primeiro día lectivo do curso escolar 2015/2016) aportando os TC2.

 Seguro de Responsabilidade Civil.

 Solvencia económica (determinada polos 3 últimos anos, nº de clientes e facturación igual ou superior a solicitada, certificada polos clientes do servizo).

 Solvencia técnica (maquinaria de cociña, nº de vehículos e planing de rutas para garantir o transporte na franxa horaria correspondente. Ao mesmo tempo deben aportar ATISAE, ITV en vigor, seguro en vigor e certificar a propiedade ou renting a nome da empresa de ditos vehículos.

 Utilización dunha cociña propia, non compartir manufacturas con outros servizos, e confección de menús únicos propostos por FAPA Ourense As Burgas, a cociña empregará un máximo dun 85% da súa capacidade de servizo, deixando o 15% restante por se é necesario unha futura ampliación nos comedores.

 Contrato de aluguer ou certificado de propiedade da instalación de cociña que abranga un período mínimo correspondente o curso escolar 2015/16.

 Non contemplar na carta de menús os pratos precociñados nin rexenerados, mínimo 2 días pescado a semana (non se admite peixe espada nin panga), mínimo 3 días a semana froita de tempada, menús variados e cumprimento cos gramaxes estipulados, todo elo supervisado por persoal cualificado.

 Non se admitirán verduras nin legumes enlatados.

 A empresa terá que asumir, na presentación da súa oferta, as condicións de pago proporcional dun/ha responsable de comedores que xestionará todo o tratante de cociña, persoal, menús, albaráns, usuarios, notificacións a país, tutorías, etc. Este responsable terá contrato laboral con FAPA Ourense As Burgas e a súa principal función é a supervisión do bo funcionamento do servizo de catering e do comedor.

 No servizo de Acollida Temperá, 2 monitores mínimo para seguridade dos usuarios.

 Tódol@s monitores deberán ter en vigor carné de manipulador de alimentos, un curso de primeiros auxilios (especificación atragoamento).

 Tódol@s monitores contratad@s deberán contar coa certificación correspondente de non ter cometido delitos contra a poboación infantil, tal e como agora esixe a lexislación para calquera actividade con menores. 

 Deposito de 7.000,00 €/ano para cubrir faltas ou penalizacións a consensuar entre as partes a firma do contrato e renovable si se ten que executar por algunha falta.

INDICADORES QUE SERÁN VALORADOS POR PARTE DE NAIS E PAIS USUARI@S DO COMEDOR DO CEIP. AMADEO R. BARROSO (OS ROSIAIS), NO PROCESO DE VOTACIÓN QUE ORGANIZA A ANPA

1. Calidade da vaixela:

        -Louza admitida por sanidade

        -Bandexa multifunción (fundamental que o seu peche impida verquidos ou pérdida de calor)

2. Ratio monitores: Partimos do mínimo obrigatorio:

             Infantil: 1 monitor cada 15 alumnos.

             Primaria: 1 monitor cada 25 alumnos

     A partir de aquí as nais e pais valorarán en positivo as melloras que as empresas queran aportar.

     Custo laboral actual:

            Encagad@ de comedor: contrato de 8 horas. 1500€ brutos.

            Monitor@ comedor: contrato de 3 horas. 300€ neto

            Monitora de almorozos: contrato de 1 hora. 100€ neto.

3. Papel seca-mans e xabón.

4. Proxecto educativo diferenciado trimestralmente e material de actividades:

           -Con materiais

           -Sen materiais

           -Tempo adicado a estas actividades

           -Monitor@s adicados a esta actividade.

5. Programas e cursos de formación cos que conte o persoal de comedor e cociña da empresa (preelaboración e conservación de alimentos, presentación atractiva de menús infantís, elaboracións básicas de pratos infantís con pescado, hortalizas e legumes, recepción e lavado de servizos de cátering, prevención de riscos en hostalería, etc.), e porcentaxe ou número de monitor@s que conten con esta formación.

    5.1 Polo menos 2 monitor@s deberán contar con formación específica para a atenión de Nen@s con Necesidades Especiais (NESS)

6. Distancia da cociña ou cociñas centrais ao CEIP AMADEO R. BARROSO.

7. Valoración dos menús de libre disposición valorados por: variedade, preparación, presentación, etc.

8. Elaboración de menús segundo a estación do ano, con utilización de productos frescos:

            -De tempada.

            -De proximidade: con relación certificada de provedores de proximidade na provincia de Ourense.

9. Programa de almorzos escolares. Pedimos que os zumos envasados sexan sustituidos por zumos naturais. Podendo aprobeitar a froita natural sobrante no servizo do comedor, e contando cunha licuadora na cociña do centro escolar.

10. O custo do menú será valorado do seguinte xeito: centro o seguinte:

Os prezos acordados no servizo de comedor e de acollida temperá/almorzo para os asociados á ANPA serán aqueles que a empresa nos oferte á nosa ANPA e según o acordo tomado na Comisión de Comedores da FAPA “As Burgas”, da cal somos membros, celebrada o día 28 de abril de 2015, na que se acordou que sendo estas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA, a empresa cobrará aos socios que nos facilitemos, o coste mínimo que nos oferte dos servizos de comedor e de acollida temperá/almorzo e a empresa cobrará a aqueles usuarios dos servizos que non estexan asociados ditas cantidades incrementadas en cinco euros ao mes polo servizo de comedor e tres euros ao mes polo servizo de acollida temperá e almorzo.

Dito incremento será abonado á ANPA da forma que se acorde por ambas partes.

En dita oferta se reflectirá o prezo máximo e o prezo con desconto para @s nos@s asociad@s

PREZOS ACTUAIS CURSO 2015/2016 CEIP AMADEO R BARROSO 
  SOCI@S ANPA NON SOCI@S ANPA
Servizo COMEDOR 73.5€ 78.5€
Servizo Acollida Temperá sen almorzo  27.5€ 30.3€ 
Servizo Acollida Temperá con almorzo 39.5€ 42.5€

 

OFERTAS PRESENTADAS

Consultar ofertas aquí

DESCARGAR VOTO DELEGADO E FOLLA DE VOTOS

Pinchar aquí

 

COMPARSA ENTROIDO


Un grupo de pais e nais do noso centro participaron no desfile do entroido ca comparsa "ALICIA NO PAIS DOS ROSAIS". 


Fixeron un gran traballo.


Se queres ver mais fotos preme neste enlace a nosa galería de imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut