Skip to Content

Actividades Extraescolares

PROGRAMA EDUCOCIO OURENSE (CONCELLO DE OURENSE)

 

A Concellería de Educación do Concello de Ourense informa da posta en marcha do PROGRAMA EDUCOCIO OURENSE.

Nas intalacións do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso desenvolveranse actividades do programa os luns, de 17:00 a 19:00 horas, alternándose un luns as deportivas e outro as lúdico-didácticas.

O 31/03/2023 remata o prazo para inscribirse. Todas as fichas de inscrición posteriores pasarán a formar parte do listado de espera.

En documentos adxuntos pode verse e/ou descargarse a documentación que a Concellería de Educación enviou ao Centro para que se poña a disposición das familias:

As follas de inscrición cubertas entregaranse na Secretaría ou na Conserxería do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso en horario lectivo de mañá (de 9:00 a 14:00 horas).

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

O  30 de xaneiro celebramos no colexio o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, coa participación de todo o alumnado de Infantil e de Primaria.

Picando na seguinte imaxe poderase ver un vídeo con imaxes da celebración.

 

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA PARTICIPA NA SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS

O 18 de Outubro o alumnado de 4º de educación primaria participou na SEMANA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS, desprazándose á Praza Maior da cidade, onde realizaron varias actividades educativas, da man do persoal de distintos servizos comunitarios (Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Seprona), ao que lle agradecemos o exquisito trato dispensado a nenos e nenas.

 

Pecando na imaxe podes ver un vídeo da xornada.

ENTROIDO 22 II

ENTROIDO 22

Distribuir contido


by Dr. Radut