FONDO LIBROS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

No DOG do 19 de maio de 2023saiu publicada a Orde do 10 de maio de 2023  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

 

NORMAS XERAIS

  • O Prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2023/2024.
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

        - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude  e presentándoas no propio centro.

        - Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.
  • Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.
  • 21 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024.
AdxuntoTamaño
23899294.pdf1.61 MB