INFORMACIÓN EDIXGAL FAMILIAS 5ºe 6º CURSO PRIMARIA 23-24 do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

INFORMACIÓN EDIXGAL CURSO 23-24 PARA FAMILIAS DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

Servizo de SOPORTE PREMIUM (24h/7 días semana):

  • Teléfono: 881 86 99 00
  • Email: soporte.premium@edu.xunta.gal
  • Enderezo Web xestionar ALTA ou RENOVACIÓN: https://coberturasir.plexus.es/user-computer-list

 

Teléfono Seguro PC: Cobertura SIR PLEXIUS  tlfno:881 505 136  ou no correo electrónico coberturasir@plexus.es

 

* Manual para darse de alta no seguro e ou renovar a cobertura  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/system/files/ManualCoberturaSIR_Familias_es_23-24.pdf

 

Ligazón Información Familias EDIXGAL :  https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

 

PROXECTO EDIXGAL 

Nace no 2010 como unha resposta á demanda de dixitalización da sociedade moderna e a fonte sociolóxica do curriculo trata de adaptarse a esta necesidade.

Este Proxecto porciona:

  • Equipamento e conectividade; Kit dixital de aulas , Canón, PDI, PC aula, Rede wifi co centro, servicio Premium de asesoramento
  • Contidos educativos dixitais. Varias editoriais, base de datos colaborativa de contidos didácticos por etapas e áreas de coñecemento. entorno Moodle de individualización e personalización do ensino
  • Accións de formación e difusión para docentes e familias. Formación para mestres a través de seminarios, grupos de traballo e Proxectos de Formación do Permanente do Profesorado.
  • Canles de participación a través de espazos web e apps. A través da Plataforma e app de Abalar móvil e a través da propia aula virtual coa que se pode seguir a formación dos nosos fillos.

 

 

Este curso en 5º de Primaria os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso. Algún destes portátiles do Programa que inclúe pantalla táctil, lapis dixital, cargador e bolsa de transporte acolchada.

 

 

Vouvos deixar un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

 Logo asistir á presentación nauala o primeiro día e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

  

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

Nesta semanas de setembro asignaremos os portátiles a cada neno e xerarase un DOCUMENTO CONTRATO PERSONALIZADO DE CESIÓN cun número de serie e alumno/a asignado, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.

Modelo xenérico non personalizado de Contrato de cesión.

O Portatil, cargador, lápis e bolsa CÉDENSE ao alumnado e as FAMILIAS responderán dos danos, perda ou rotura de calquera dos elementos en cesión, deberán devolverse no mesmo estado de funcionamento e aspecto que tiñan á entrega.

 Os nenos terán os libros libros de texto de tódalas áreas de coñecemento no portátil, serán accesibles para as familias e tódolos días o pc irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.

 

Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL, chamada EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) moi completa, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...

 

O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi. vinculando á rede da casa e introducindo o contrasinal da vosa rede WIFI.

 

Deberiades pensar seriamente na posibilidade/necesidade de contratar un SEGURO voluntario de 49€, que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Pensade que a reparación dunha pantaia táctil rota pode supoñer sobre uns 400€. unha esquina da parte inferior supón uns 90 €... E sede conscientes ademais que o seguro da consellería non cubre: perda, roubo ou o lápis e a punta do mesmo. A CONSELLERÍA  cubre a oferta que as compañías de seguros evitan ao ser unha cesión, non sodes propietarios e non queren asegurar. Ofrece o servizo exclusivamente ao alumnado cunha póliza anual que se contrata a través do teléfono 881 505 136. e na plataforma coverturasir  Valorade vós a vosa mellor opción. Pagar 49€ e que non pase nada é unha perda de cartos, pero arranxar unha carcasa, unha pantaia táctil supera con moito esa inversión e este curso non temos o custo dos libros. O curso pasado xestionamos 8 roturas de pc´s por golpes ou accidentes e a maioría repuxéronse sen custo para as familias afectadas por estaren aseguradas.

 

Nos equipos non se pode modificar nin instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.

 

Ao final de 6º curso , no momento que se trasladen a outro centro ou cando se lle pida polo coordinador EDIXGAL, estes ordenadores    devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso cando remate a cesión debe responsabilizarse por contrato a devolver o pc. cargador, lápis e bolsa en igual estado que se lle entregou.  

  

SERVICIO DE ASISTENCIA INFORMÁTICA:  Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, para resolver problemas informáticos por estas catro vías:   

  •  A través do teléfono     881 86 99 00.
  • O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.gal
  • WhatsApp 604 06 78 56
  • Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 

IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

 

O Coordinador Edixgal do Insua Bermúdez: Jesús Manuel Fernández Abuín.