O INSUA Participa na PROBA CLASIFICATORIA de CAMPO A TRAVÉS que se disputa na MADALENA o 2 decembro de 2023.

NOTA INFORMATIVA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVES SÁBADO 2 DECEMBRO 2023 - VILALBA

 

DATA e LUGAR da PROBA: sábado 2 de decembro de 2023 na Área Recreativa da Madalena en Vilalba. 

 cross_clasificatorio_campo_A_traves_insua_bermudez_pvad_vilalba_madalena_2023

CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIO APROXIMADO, (Igual que a Preparatoria) segundo o ano de nacemento as categorías quedan como se mostra abaixo relacionando coa categoría, hora aproximada de saída e distancia. (Na cámara de chamadas 20 min antes)  

 

Comezo oficial ás 11:00h resto probas aproximadas.

Repartir Dorsais ás  10:00h (Prégase puntualidade a tódolos atletas)

•BENXAMIN Fem  - 2015-16 - 11:00h - 500m.

•BENXAMIN Masc - 2015-16  - 11:00h - 500m.

•ALEVFem  -  2013-14  - 11:30h - 1.000m.

•ALEVMasc -  2013-14  - 11:30h - 1.000m.

•INF  Fem -  2011-12 - 12:00h - 1.500m

•INF  Masc -  2011-12 - 12:00h - 1.500m

•Cadete FEM-MAS 2009-10 - 13:00h -2000m.

 

• MUTUALIDADE: Tódolos participantes deben estar mutualizados. Tódolos Atletas, familiares e responsables están obrigados a coñecer o protocolo de parte de accidentes. 

 

• INSCRICIÓNS: rematará o Luns 27 de decembro. invitamos a alumnado da ESO de 1º,2º e ou 3º que se queiran apuntar e se comprometan a vir unha vez inscritos. O alumnado do cole que queira asistir avisará en hora de clase ao profe Suso os invitados por whastapp. Invitados ESO ou Primaria: por whastapp 616501003 (Nome, apelidos e data de nacemento ata o luns 27 decembro.

*Non se precisa autorización porque é unha actividade fóra de horario lectivo e en todo caso as familias son as que os levarán á actividade.

 

• DORSAIS: entregaranse unha hora antes da carreira. Lembrar o nº ou escribilo na man por se o perdemos. Durante a carreira deberase permanecer nas gradas sempre que non estemos a competir ou a facer o quecemento. 

 

• EQUIPACIÓN e MEDALLAS: Os participantes deben levar equipación e camiseta do cole, se non dispoñen dela unha azul similar, para subir a recibir medallas pídese prestada chaqueta de chándal ou camiseta do cole. 

Ao rematar as carreiras haberá acto de entrega de medallas Individual e colectiva. Estade atentos aos equipos premiados e antes da cerimonia de premios xuntádevos os equipos que levades medalla. Se alguén premiado se ten que ir por algunha razón que delegue recoller a medalla noutra persoa. 

 

• EQUIPOS: O alumnado que se inscriba no Clasificatorio deberá ter seriedade e ser responsable cos compañeiros de equipo. Se non vas vir, non te apuntes!. Se te puseche malo/a antes da proba, avisa por whastapp ao profe Suso 616501003. O sábado so deixan facer dous cambios e non temos moito tempo para facelos. 

 

• RESULTADOS INDIVIDUAIS E EQUIPOS: Cando remata cada proba publícase a clasificación individual e por equipos na caseta de secretaría(nas gradas) se o equipo resulta con medallas non vos vaiades  e xuntádevos os dun equipo para cando sexa a cerimonia de medallas subir ao caixón rápido. Todo atleta debe saber a que equipo pertence. 

Os equipos fixéronse por posición na preparatoria e a criterio dos mestres de EF engadiranse algunhos atletas que non puideron acudir á 1ª proba,   cada equipo pode ser de mínimo 4 e máximo 6 integrantes, salvo en Cadete que o mínimo é 3 atletas. Puntúan os 4 primeiros atletas de cada equipo, reciben premio, se é o caso, tódolos atletas do equipo. No Campionato Provincial elixiranse os clasificados por orde de chegada na meta independientemente do equipo ao que pertenzan.

 PROTOCOLO ACCIDENTES: Enlace co Protocolo a seguir en caso de accidentes na competición.

Atentamente o Equipo de Educación Física que agarda a vosa participación. 

 

AdxuntoTamaño
Nota_Campo_Través_CLASIFICATORIA_Sábado2-12-23_Madalena.pdf568.97 KB
Nota_Campo_Través_CLASIFICATORIA_Sábado2-12-23_Madalena.docx2.68 MB
PROTOCOLO SEGURO DEPORTIVO XOGADE (1).pdf119.74 KB
infografia_SURNE (1).pdf110.86 KB