XORNADA B CLASIFICATORIA ATLETISMO XOGADE 28 ABRIL LUGO

ATLETISMO_XOGADE_INSUA BERMUDEZ_PROXECTA_PVAD_23-24 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ  DEPORTE SAUDE EDUCACIÓN FISICA Horario Insua Bermudez XOGADE 28 ABRIL 24

XORNADA B CLASIFICATORIA ATLETISMO ESCOLAR  BENXAMÍN, ALEVÍN e INFANTIL. Domingo 28 abril 2024

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, xunto ao Pavillón Novo do Breogán.

HORARIO: Non temos transporte desde Vilalba. Debemos estar 30 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba. O Horario definitivo sairá o venres antes da proba e pode haber cambios a posteriori. Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas. Enlace para ver as series, resultados na web da FGALugo

XORNADAS COMPETICIÓN

  • Domingo  28 abril – 2ª CLASIFICATORIA  Xornada B
  • Domingo 2 xuño _ CAMPIONATO PROVINCIAL

CATEGORÍAS ( Non existe competición cadete)

  •  BENXAMÍN: Nados nos anos 2015-2016 masculino e feminino
  •  ALEVÍN......: Nados nos anos 2013-2014 masculino e feminino
  •  INFANTIL...: Nados nos anos 2011-2012 masculino e feminino

PROBAS: En todas as xornadas cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas. Neste caso, unha delas será unha carreira e a outra poderá ser un concurso (salto ou lanzamento). As remudas non contabilizarán como proba, serrá mixta e limitada a dous equipos máximo por proba.

 En cada xornada  combinaránse as tres categorías e as modalidades segundo os tipos de xornada:

INSCRICIÓN  Gratuíta.  Límite ate o luns, 22 abril, anterior á proba. Precisamos enviar Nome, Apelidos, data de nacemento ao whastapp 616501003 Agradécese facelo o venres pola tarde e o finde previos.

lISTADO ATLETAS ATLETISMO XOGADE INSUA BERMUDEZ PVAD PROXECTA 23-24 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA

EQUIPACIÓN DO INSUA: levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo.

COMPORTAMENTO: agárdase comportamento exquisito de tódalas persoas deportistas, representamos ao Insua Bermúdez e calquera acción que perxudique a imaxe do centro educativo, levará a non contar coa persona infractora en próximas ocasións. Na pista soamente poden estar atletas participantes na proba e entrenadores, resto gradas ou detrás valados.

SERIES DE SAÍDA E RESULTADOS:      Enlace PENDENTE para ver as series, resultados na web da FGALugo . As series onde pon RESULTADOS(Cando o habiliten)    WhatsApp Suso616501003.

CLASIFICACIÓNS : Clasificarán para o campionato provincial un máximo de 16 atletas por proba que corresponderán coas mellores marcas (ou puntuacións nos concursos benxamíns) realizadas na fases previas correspondentes ao programa XOGADE. Na final provincial realizarase o programa completo de probas. Unha xornada o programa benxamín e alevín e noutra xornada o programa infantil.

HORARIO PROVISIONAL da XORNADA B

Horario XORNADA B Actializado 19 abril 24 Insua Bermudez Atletismo Xogade

 

AdxuntoTamaño
HORARIO XORNADA-B Actualiz venres 19_24.docx19.06 KB
Horario Actualizado venres 19 abril24 para xoves 28.jpg153.57 KB
Nota2ªClasificatoriaAtletismoXOAGADE_BenxeAlevin2024_28abril24.pdf423.2 KB
Nota2ªClasificatoriaAtletismoXornadaB_BenxeAlevin2024_28abril24.docx1.32 MB
Nota2ªClasificatoriaAtletismoXornadaB_BenxeAlevin2024_28abril24.docx1.32 MB
Atletismom Xogade Insua Bermudez Vilalba 2ªClasificatXornadaB 28_04_24 LugoMartes10_00 am.xls85.5 KB
HORARIO XORNADA-B Individualizado sabado 27_04_24 19_24.pdf90.98 KB
HORARIO XORNADA-B Individualizado sabado 27_04_24 19_24.docx44.08 KB