XXV Certame Literario Benjamin Paz e Certame de Debuxo David Díaz

Cartaz_certame_benjamin_paz_daid_diaz_insua_bermudez_vilalba_edlg_endl_biblioinsua

bases_certame_benjamin_paz xxv_INSUA _BERMUDEZ_Vilalba_23-24_edlg_bibliioinsua

BASES DO XXV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.-
Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.

 

SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

 

CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́ libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba

 

SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 15 HORAS DO DÍA
24 DE MAIO DE 2024.

 

SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:

1.     

MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA; BENJAMIN PAZ (Primaria)

  • 1º e 2º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
  • 3º e 4º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
  • 5º e 6º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

 

2.     

MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.

3.     

MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.

 

OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.-
O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de  xuño.

 

 

AdxuntoTamaño
BASES DO XXV CERTAME BENJAMÍN PAZ DE NARRATIVA.docx4.05 MB
BASES DO XXV CERTAME BENJAMÍN PAZ DE NARRATIVA.pdf448.39 KB
XXV Certame web bases.jpg534.29 KB
XXV CERTAME LITERARIO.png1.02 MB