CAMBIOS NA VII CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGAS

 

Montaje creado Bloggif

Revisando inscrición, comprobamos un cambio de horario na carreira das letras galegas, por motivos de seguridade. a VII Carreira Popular das Letras Galegas de Vilalba, traslada o seu horario á tarde, comezando as probas dos menores ás 16:00h  e as dos maiores ás 17:30h o Martes 17 de maio de 2016 a partires das 15:00h . Desde a organización comunícase que no caso de non poder asistir á carreira se pode solicitar a devolución do importe. Piden desculpas anticipadas. 

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTESCategorías masculinas e femininas:

  • Categoría +5, nados/as entre 2011 e 2010 (ambos inclusive).
  • Categoría +7, nados/as entre 2009 e 2007 (ambos inclusive).
  • Categoría +10, nados/as entre 2006 e 2004 (ambos inclusive).
  • Categoría +13,nados/as entre 2003 e 2000 (ambos inclusive).

INSCRICIÓN PARA MENORES NA CARREIRA POPULAR: Na web do Cencello  www.vilalba.org/carreirapopular/     Inscrición gratuita para menores.  Do martes 26 de abril  ao venres 13 de maio de 2016 ás 13:30h, apurade!

  • Inscricións no Concello, presenciais a partir do martes 26 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 9 a 13:30 horas. Peche de inscricións o venres 13 de maio ás 13:30 horas. Preme aquí para descargar o formulario
  • Inscricións pola web,    Preme aquí para facer a inscrición en liña . Precisa participación dun maior e cumprimentar algúns datos , especialmente DNI  e correo electrónico do maior que autoriza.
  • Inscricións de adultos por Champions Chip.  Preme aquí para acceder ao enlace da inscrición de adultos.
  • Nos coles a través do profesorado de Educación Física, co formulario cuberto e con datos de DNI  do titor/a e un correo electrónico para confirmar a inscrición.

ENTREGA DE DORSAIS:

Os dorsais entregaránse o día da proba (17 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 15:00 ata as 16:00 horas.  Lembrade que o trafico será dificil a esa hora e ide con tempo.

PERCORRIDOS:

CATEGORÍA +5: 300 metros.Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e volta á meta pola rúa dos Pepes. 

CATEGORÍA +7: 600 metros.  Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo, aparcadoiro subterráneo, dirección a Rúa novo Cazón, Rúa Luis González Valdesuso, e volta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +10: 850 metros. Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +13: 1600 metros.Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Foz e volta á meta pola rúa Basanta Silva. 

 

TROFEOS:

Trofeo para o primeiro/a, segundo/a e terceiro/a de cada categoría.

Obsequio e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

Sorteo de xoguetes, artigos e demais detalles o finalizar a entrega de trofeos.

INCHABLES DE OCIO PARA OS MÁIS PEQUENOS. 

 

INFORMACIÓN DE RESULTADOS:

 Na páxina web oficial da proba:

    • www.vilalba.org/carreirapopular/
    • www.championchipnorte.com
AdxuntoTamaño
VII CARREIRA POPULAR LETRAS GALEGASCAMBIOS.docx13.07 KB