AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018-2019

No DOG do 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.

2. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 9.000 €.

3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria.  Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 5.400 €.

NORMAS XERAIS

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 22 de xuño de 2018, inclusive.

 

A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2018-2019, podéndose cumplimentar das seguintes maneiras:

                                  

-De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.

-Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.

Documentación para a presentación:

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación: 
    • a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar que se inclúe no Anexo I).
    • b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios: 
      • 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
      • 2º. Certificado ou volante de convivencia.
      • 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 A instancia única pode presentarse para

1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA

Para ser beneficiario do fondo solidario de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2017-2018.

Teranse en conta ás seguintes datas:

-Ata o 22 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.

-3 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.

-4 e 5 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.

-6 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.

-Primeiro día de clase de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.

 

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

      Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

          Do 3 ao 6 de xullo. Entregarase o Vale aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.

 

3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

            Do 3 ao 6 de xullo. Entrega do Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo

 

CADRO RESUMO


ENLACES DE INTERESE:

 MODELO DE SOLICITUDE ANEXOS I-II

 PUBLICACIÓN DA ORDE NO DOG

 SEDE ELECTRÓNICA

 APLICACIÓN FONDO LIBROS

 MÁIS INFORMACIÓN