ENTREGA DE PREMIOS DO XXI CERTAME BENJAMIN PAZ E NOVO NÚMERO DA REVISTA A PRAVIA

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO  XXI CERTAME LITERARIO BENJAMÍN PAZ

e DAS LETRAS GALEGAS 2019

 

 

 O venres, día 31 de maio de 2019, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o CEIP “Antonio Insua Bermúdez” organiza o acto de entrega de premios do XXI Certame Literario e de Debuxo Benjamín Paz e das Letras Galegas.
Este Certame englóbase dentro das actividades que o Colexio programa co gallo das Letras Galegas tendentes a fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado, e a potenciar o idioma galego cara a consecución da súa plena normalización lingüística, por outro.
Nesta ocasión, ademais dos apartados habituais da lectura de acta, entrega de premios, recitados e agradecementos, contaremos con dous apartados máis:
·       
O teatral, coa posta en escea da obra de Álvaro Cunqueiro “Escola de Menciñeiros”, a cargo do alumnado de 5ºB, dirixidos pola súa titora María Guerrero.
·      
O musical, coa intervención do grupo de 2º de Primaria, que cantarán QUEREMOS GALEGO, canción de Pablo Díaz, e do grupo de 6º de Primaria que porán remate ao acto coa interpretación do Himno Galego.

    RELACIÓN DE PREMIADOS, PREMIADAS e ACCÉSITS NO XXI CERTAME BENJAMÍN PAZ

 

MODALIDADE

CATEGORÍA

TÍTULO

AUTOR/A

COLEXIO

PREMIO

POESÍA

1º CICLO (1º-2º)

AS BOLBORETAS

ANTÍA GARCÍA GONZÁLEZ

CEIP DE MUIMENTA

1º PREMIO

POESÍA

2º CICLO (3º-4º)

A TORRE QUE FUXÍU DUNHA PARTIDA DE XADREZ

JESÚS RAMIL BLANCO

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

1º PREMIO

POESÍA

3º CICLO (5º-6º)

AS ABELLAS

MARÍA OTERO DÍAZ

CEIP MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA

1º PREMIO

NARRATIVA

1º CICLO (1º-2º)

O MISTERIO DA CIDADE ROMANA

VALERIA BELLAS LEAL

CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ" DE VILALBA

1º PREMIO

NARRATIVA

2º CICLO (3º-4º)

A GRANXA DE CRISTINA

ANDREA PAZ BALSEIRO

CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ" DE VILALBA

1º PREMIO

NARRATIVA

3º CICLO (5º-6º)

UN MURO CONTRA A IGUALDADE

INÉS PENA TRASTOY

CEIP MONSEIVANE DE MOREDA-LANZÓS

1º PREMIO

DEBUXO

INFANTIL 3 ANOS

 

CARLA TEIJEIRO VILLARES

CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ" DE VILALBA

1º PREMIO

DEBUXO

INFANTIL 4 ANOS

 

LEO LÓPEZ LÓPEZ

CEIP LAGOSTELLE DE GUITIRIZ

1º PREMIO

DEBUXO

INFANTIL 5 ANOS

 

SARA SOFÍA PAZ CORTÉS

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

1º PREMIO

 

 

 

 

 

 

ACCÉSITS

MODALIDADE

CATEGORÍA

TÍTULO

AUTOR/A

COLEXIO

PREMIO

POESÍA

1º CICLO (1º-2º)

O LEÓN

ADRIÁN DARRIBA PERNAS

CEIP DE MUIMENTA

ACCÉSIT

POESÍA

1º CICLO (1º-2º)

PRIMAVERA

SAMUEL VÁZQUEZ RODRÍGUEZ

CEIP DE MUIMENTA

ACCÉSIT

NARRATIVA

2º CICLO (3º-4º)

A FÁBULA DO OSO ABEL

MATÍAS MORANDEIRA FRAGA

CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

ACCÉSIT

NARRATIVA

3º CICLO (5º-6º)

UN DÍA NA MIÑA CASA

ÁLEX DÍAZ BARREIRA

CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

ACCÉSIT

 
PUBLICADO UN NOVO NÚMERO DA REVISTA ESCOLAR A PRAVIA

Así mesmo, nestes días o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galegas, que fai o número 70, nos corenta anos que leva publicándose.
Os principais temas que aparecen na mesma son: diversos e variados traballos sobre o escritor homenaxeado este ano, o escritor
Antón Fraguas, que inclúe biografía, bibliografía, pasatempos, escolma e cómic sobre a súa figura; entrevistas a unha mestra e dous mestres do noso Colexio, Ánxeles Eimil, Tino Alvite e Arturo Gómez, que despois de moitos anos de docencia causan baixa por mor da súa xubilación; unha ampla reseña do XXI Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole (resumo con texto e fotos de todo o acontecido no curso 2018-2019); os nosos murais; un artigo de orientación escolar; a páxina de ANPA; os traballos de investigación, e tamén un apartado de recensións de libros lidos por algúns dos membros do equipo de redacción.
A revista repártese gratuítamente a todos os membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás diferentes institucións públicas así como aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.