FONDO LIBROS 2021-2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

 

No DOG do 20 de maio de 2021 saiu publicada a Orde do 6 de maio de 2021 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquiri libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2021/2022.

 

 

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 22 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2021/2022.
  • A solicitude pódese cumplimentar das senguintes maneiras:

           - Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencia no propio centro.

           - De xeito manual, recollendo o modelo na secretaría do centro ou a travésdeste enlace ANEXOS

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá ser asinada polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

PRAZOS

  • 22 de xuño. Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2020/2021.
  •  28 de xuño.  Publicación da resolución provisional.
  • 29 e 30 de xuño.Período de reclamación á adxudicación provisional.
  • 01 de xullo.Publicación da relación definitiva.
  • 2 ao 9 de xullo.Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.
  • Primeiros días de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.