INFORMACIÓN EDIXGAL FAMILIAS 5º CURSO PRIMARIA 21-22 do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Ola, FAMILIAS do INSUA BERMÚDEZ no Curso Escolar 2021-22.

Son Suso, o coordinador de EDIXGAL no Insua Bermúdez. 

O COVID-19 provocou que este comunicado, igual que o do curso pasado, substitúa á tradicional reunión presencial de familias de 5º curso inmersas no proxecto EDIXGAL.

O primeiro que notáchedes foi que este curso en 5º de Primaria non vai haber libros  de texto en mochilas repletas. E ademaís seguro que os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso.

Vouvos deixar uns videos e un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

Logo de ver os videos e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  • Nesta semanas de setembro asignaremos os portátiles a cada neno e xerarase un DOCUMENTO PERSONALIZADO DE CESIÓN, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.
  • O Portatil, cargador, lápis e bolsa CÉDENSE ao alumnado e as FAMILIAS responderán dos danos, perda ou rotura de calquera dos elementos en cesión, deberán devolverse no mesmo estado de funcionamento e aspecto que tiñan á entrega.
  • Os nenos terán os libros libros de texto no portátil, tódolos días irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.
  • Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL, chamada EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) moi completa, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...
  • O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi, co modo "off line" (sen internet), especial para sitios con problemas de conexión.
  • Deberiades pensar na posibilidade/necesidade de contratar un SEGURO, que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Ben sexa coa vosa compañía de seguros familiar ou coa que oferta a Consellaría.  Pensade que a reparación dunha pantaia rota pode supoñer sobre uns 400€. E sede conscientes ademais que o seguro da consellería non cubre : perda, roubo ou o lápis e a punta do mesmo.
    • A CONSELLERÍA  ofrece soamente ao alumnado unha póliza cun custe anual de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do teléfono 881 505 136. no folleto tendes máis información e chamando ao servicio premium consultades as dúbidas sobre este tema. Valorade vós a vosa mellor opción xa sexa con EDIXGAL ou con outra aseguradora.
  • Nos equipos non se pode instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.
  • Ao final de 5º e 6º curso os ordenadores devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso voltará recoller o mesmo ordenador ata fin de sexto, momento no que rematará a cesión e a responsabilidade das familias sobre o portátil devolvendo pc. cargador, lápis e bosa. 

 

  • SERVICIO DE ASISTENCIA INFORMÁTICA:  Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, para resolver problemas informáticos por estas catro vías:   
    1. A través do teléfono     881 86 99 00.
    2. O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.es
    3. WhatsApp 604 06 78 56
    4. Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

 

Deixovos nesta entrada da web uns VIDEOS EXPLICATIVOS sobre EDIXGAL e o FOLLETO INFORMATIVO edixgal para as FAMILIAS. (<= Clicade para descargar)

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
folleto_edixgal_21_22.pdf684.71 KB