FONDO LIBROS 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

 

No DOG DO 18 de maio de 2022saiu publicada a Orde do 29 de abril de 2022 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

 

NORMAS XERAIS

  • O Prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023.
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

        - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude  e presentándoas no propio centro.

        - Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.
  • Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2021/2022.
  • 22 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2022/2023.
  • 27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.
  • 28 e 29 de xuño: Período de reclamación á adxudiación provisional.
  • 30 de xullo: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.
  • Do 4 ao 8 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.
  • Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.