Taboleiro

VEN O FRÍO E FACEMOS O MAGOSTO

NOTA   INFORMATIVA    MAGOSTO   TRADICIONAL   2017    NO  CEIP   ANTONIO     INSUA   BERMÚDEZ

Co gallo da celebración do Magosto 2017, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo venres 10 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL.

Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:

  • Traer do martes 7 ao xoves 9: unha presiña de castañas adentadas e unha estela pequerrechiña  para preparar as brasas.
  • Disfrazarse á maneira tradicional venres 10: para os rapaces camisa de cadros, chaleco, pana. Para as rapazas saia larga, mandil, pano na cabeza...

O venres 10 de novembro de 2017 probaremos as castañas asadas no recreo, logo de asalas a lume lento. Na web e na conta de facebook do centro subiremos; a nota, a nova en tv. Faremos reportaxe fotográfica e filme do evento que estarán dispoñibles solo na web do centro. Grazas pola vosa colaboración.   

Cartaz_Magosto2017_CEIP_Antonio_Insua_Bermúdez 

 

ANTROIDO 2017: ORDES DO MECO para o LUNS, MARTES, MÉRCORES e Xoves.

Montaje creado Bloggif

TITORIAL PARA ELABORAR UN TRAXE ROMANO.

Xa chega a hora de D Carnal, andamos a argallar toda unha chea de sorpresas, polo momento, deixámosvos este traballiño para que fagades ou axudedes a facer o voso propio traxe de romano.

Saudiños, en breve novas sorpresas.

Lembrade que o material conséguese no cole. Reciclamos os traxés do curso pasado e as novidades: capa e coroa de loureiro, andamos a facer os paquetes para envialos  ás casas coa correspondente nota informativa. De momento dádelle un vistazo.

ACTIVIDADES NADAL 2016-17 NO INSUA BERMÚDEZ

Cartaz CEIP Antonio Insua Bermúdez Vilalba Apalpador Nadal 2016-17

Neste Nadal 2016-17, o noso centro organiza diferentes actividades coa colaboración de diferentes entidades: ANPA, Normalización, Extraescolares e Biblioteca:

  • Venres 9 de decembro entrega de premios da V Cata de sobremesas de outono.
  • Venres 9 de decembro remata o prazo para entrega de obras no Concurso de postais de Nadal da ANPA.
  • 16 e 20 de decembro visita ao Lois Peña Novo no marco de "Lugoemprende" o alumnado de 5º e 6º de primaria.
  • Durante este mes de decembro organizaremos outro PhotoCall para editar un filme con aqueles que posúan autorización de imaxe.
  • Mércores 21 de decembro, Visita do Apalpador organizada pola ANPA. O grande Anxo Moure acompañaranos o último día de clase do ano.
  • Mércores 21 decembro, disfrazarémonos de boneco ou boneca de neve ;-).

 

CELEBRANDO O SAMAIN CELTA, O REMATE DA ESTACIÓN

Cartaz Samain QR 2016 Insua Bermúdez  

 

 

 

ELABORACIÓN DO MOSAICO MANUEL MARÍA NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Co gallo da celebración das Letras Galegas 2016 o ENDL do CEIP Antonio Insua Bermudez, xunto con outros departamentos: Extraescolares, Biblioteca, pensamos en homenaxear a Manuel María dun xeito: inmortal, perdurable, alén dos tempos. A idea estrela, a estratexia conmemorativa, o produto final foi un impulso creativo de María G. UN MOSAICO GRANDE! de 3 m x 3 m. Contamos co asesoramento indispensable do Profesor de Plástica do IES BASANTA SILVA: D. Carrasco. Guiounos coa metodoloxía, na parte artística, cos materiais, no proceso de implantación na parede.

METODOLOXÍA: Elixir un debuxo, cuadriculalo, pasalo ao formato grande 3mx3m polo sistema de cuadrículas, encher con pedaciños de azulexo segundo as cores do debuxo, ao rematalo facer un engrudo con auga quente e fariña ben misturada para cubrir en varias capas o mosaico, deixando que se sequen ben cada capa, cando os azulexos están ben adheridos ao papel podémolos transportar á parede final. Preparar a parede con cemento cola, ir pegando os pedaciños de engrudo e azulexo, completar todalas cuadrículas. Limpar as xuntas entre azulexos e facer o recercado final. Como remate darémoslle unha capa de vernis mate para quitar o brillo que provoca reflexos indesexados.

 

Montaje creado Bloggif

 

Todo o centro se implicou e participou neste proxecto, colocoron teselas nesta obra, o alumnado de Infantil, de Primaria, persoal docente, persoal laboral: conserxería, cociña, algúns papás e mamás, carpinteiros, albaneis... Chairegos construindo a faciana dun chairego que creou o concepto chairego! Guiño

Velaí vai, alén dos tempos!

ALBA GARCÍA e REYES LÓPEZ PARTICIPAN EN BAMBOLEO PEQUENOS FENÓMENOS DA TVG

Montaje creado Bloggif

 

Alba García Crende, a quen todos coñecemos desde sempre e especialmente desde a súa actuación no curso pasado no festival de fin de curso como sorprendente vocalista, é ademais, como boa compañeira, boa amiga e excelente alumna onde as haxa. Pois non sei se sabedes todos vos que ven de participar no programa de talentos da TVG (Televisión de Galicia) BAMBOLEO, Pequenos FENÓMENOS, e clasificouse para a final, finalísima. A comezos da semana gravaron un especial no cole para que a animaramos de cara á final.

Non menos relevante é a participación de Reyes López Rivas, que foi alumna ata o curso pasado no noso centro, excelente persoa, atleta e alumna, participou na ronda eliminatoria de Bamboleo formando un dúo cunha compañeira do grupo "Pandereteiras de Andrade". 

Parabéns a todolos colectivos e persoas que contribúen a espallar a cultura galega e a formación musical dos educandos, grande experiencia persoal para Reyes e Alba, merecédelo!.  

Poderedelas ver nas rondas clasificatorias e se é o caso, participando na Final do programa Bamboleo "Pequenos Fenómenos" da Televisión de Galicia, este sábado 26 de decembro e o próximo sábado 2 de xaneiro, ámbolos dous dende as 22:00h. ALBA, e REYES CAMPIONAS !!!!

 

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS

Exposición de cabazas artísticas do Samaín 2014

Cartaz Web Samain 2014 CEIP Insua Bermudez vILALBA          

    

Lembrade que na Biblioteca temos unha exposición de libros sobre o Samaín e libros de historias de medo para aqueles que se atrevan! A ver se sodes quen de rematar un libro de terrooooorrr!. 

Neste enlace web dispoñedes de RECURSOS  SAMAÍN, con información sobre o Samaín. referencias de libros sobre a temática, manuais para facer cabazas arrepiantes e unha chea de recursos compilados pola coordinadora da biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, autora do blogue de biblioteca da porquiña Rosiña, Asunción García.

Se clicades en adxuntos tedes a vosa disposión o arquivo imprimible e o editable da nota da exposición e das cartelas para identificarvos a vosa cabaza.  Saúdos e Bo Samaín! 

Conmemoración Día Internacional da Disversidade 3 dde decembro 2022

Distribuir contido