NOVAS 2011

OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE

VENRES, 18 DE MAIO, DIA NON LECTIVO

18 DE MAIO, DÍA NON LECTIVO

Informamos á comunidade educativa do CEIP Antonio Insua Bermúdez, que o venres 18 de maio non haberá clase, por ser un dos dous días concedidos pola Administración, a proposta do Consello Escolar, reanudándose as mesmas o luns, día 21 de maio. 



DÍA DE ROSALÍA


 

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 


  • A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

  • Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.

  • A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.

  • O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

  • A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.

 


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pola súa parte, está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.


 

Estes son os actos confirmados até o momento (esta información actualizarase diariamente; se quere colaborar a difundir algún dos actos, prema no formato que desexe):

 

Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00 (PDF, JPG)

A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30 (PDF, JPG)

Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30 (PDF, JPG)

Ourense, Liceo, 19:00 (PDF, JPG)

Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00 (PDF, JPG)

Vigo, Museo de Arte Contemporánea (MARCO), 19.30 (PDF, JPG)

A Rúa, Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura, 18.30 (PDF, JPG)

Pontevedra, Casa das Campás, 18.00 (PDF, JPG)

A Estrada, Sala de conferencias e exposicións CaixaNova, 19.00 (PDF, JPG)

Monforte, Centro do viño, 21.00 (PDF, JPG)

 

 

 Máis iniciativas aquí.


 

 


Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.


 

A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.

 

Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

 

 

PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS DA ANPA DO NOSO COLE

PREMIOS POSTAIS NADAL 2011 ANPA INSUA BERMÚDEZ:

 
Premio extraordinario:  
Uxía Corral Eimil, de 3ºA

Resto premiados:

INFANTIL-3 ANOS

Mario Orosa Lozano
Fabián Mariño Gómez
Iria Currás Blanco

INFANTIL-4 ANOS

María Sandomingo Gesto
Shaila Vigo Pereira
Andrea Vivero Álvarez

INFANTIL-5 ANOS

María García-Anllo Seco
Sara Puentes Anta
Miguel Lozano Ron

1º PRIMARIA

Carla Campello Currás
Aitor Pardo Naranjo
Icía Saavedra Cortiñas

2º PRIMARIA

Laura Álvarez Rey
Ariadna Cabarcos Hermida
Paula Santomé Folgueira

3º PRIMARIA 

Uxía Corral Eimil
Raúl Alvariño Amado
Paula Pardo Gato

4º PRIMARIA

Alejandra Pico González
Carmen Mato Maseda
Rares Mezdrea

5º PRIMARIA

Iria Villares Díaz
Ismael Francos López
Uxía Gato Díaz

6º PRIMARIA

Christian Vázquez Pérez
Uxía Corbelle Cabarcos
Aldara Villarino Villarino.

Parabéns a todos os premiados!! A entrega de medallas terá lugar o mércores 4 de xaneiro no  Centro Cultural Recreativo a partir de las 19,00 horas, nun acto organizado pola ANPA. Quedades todos convidados!!!

 


CHARLA ORGANIZADA POLA ANPA DO NOSO COLEXIO

CHARLA "EDUCACION NON SEXISTA NA CASA E NA ESCOLA"
A ANPA do noso Colexio organiza para o martes, 13 de decembro, ás 16:30 horas nas dependencias do Centro unha charla que leva por título "EDUCACIÓN NON SEXISTA NA CASA E NA ESCOLA".
Será impartida por BRANCA NAZARÉ GUERREIRO MUÑOZ, mestra, pedagoga e orientadora do CPI Doutro López Suárez de Ferrol.
A ANPA convida a pais/nais do alumnado do Centro así como ao profesorado a presenciar a charla.



EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Este martes, 11 de outubro, a maioría do profesorado do Centro levou a cabo, á hora do recreo, unha concentración para reivindicar un ensino público e de calidade. Para elo colocouse unha pancarta co lema EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.


NOVO HORARIO DENDE O MES DE OUTUBRO

A partir do DÍA 3 DE OUTUBRO –LUNS-, entra en vigor neste Centro o novo horario coa seguinte distribución:

ENTRADA XORNADA LECTIVA: 9,30 horas
SAÍDA XORNADA LECTIVA: 14,30 horas
HORARIO COMEDOR (para os usuarios): 14,30-15,30 horas
SAÍDA DO TRANSPORTE: 15,30 horas
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (voluntarias): 15,30-16,30 horas

Consideracións a ter en conta:

O transporte sairá do Colexio ás 15.30 horas.
O alumnado que se apunte ás actividades da tarde ten que ser recollido no Centro polos pais/nais ou titores ás 16,45 horas.
O alumnado que non asista ás actividades da tarde non poderá permanecer no centro a partir das 15,30 horas.

Os períodos lectivos serán:

1º:  9,30 - 10,25

2º: 10,25 - 11,20
3º: 11,20 - 12,15
RE: 12,15 – 12,45
4º: 12,45 – 13,35
5º: 13,35 – 14,30


As visitas de pais/nais serán os martes de 16,30 a 17,30



 

CONCERTOS DIDÁCTICOS DO CONSERVATORIO

O martes, 20 de setembro, o Grupo de Corda do Conservatorio de Vilalba levou a cabo unha visita ao noso Colexio para ofrecer ao alumnado do 2º e 3º Ciclos de Prima-ria uns pequenos concertos didácticos. O alumnado dividiuse en dous grupos: os de  3ºe 4º de Primaria, por un lado, e os de 5º e 6º, por outro. Todos pasaron un rato moi agradable e ameno coas pezas interpretadas polo Grupo de Corda. O concerto estivo fantástico e os nenos e nenas saíron satisfeitos das sintonías que ían escoitando e adiviñando: Mary Popins, O Libro da Selva, O Último Mohicano, A Sireniña. Seguro que moitos deles seguirán os seus pasos no Conservatorio.











CALENDARIO ESCOLAR 2011-2012


Setembro 2011
(15 días lectivos)


Outubro 2011
(19 días lectivos)

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

29

30

31

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

1

2

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

26

27

28

29

30

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

1

2

3

4

5

6



Novembro 2011
(21 días lectivos)


Decembro 2011
(12 días lectivos)

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

31

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

1

2

3

4

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

28

29

30

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

1




Xaneiro 2012
(17 días lectivos)


Febreiro 2012
(18 días lectivos)

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

26

27

28

29

30

31

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

1

2

3

4

5

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

30

31

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

1

2

3

4



Marzo 2012
(22 días lectivos)


Abril 2012
(15 días lectivos)

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

27

28

29

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

1

lun

mar

mié

jue

vie

sáb

dom

26

27

28

29

30

31

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

1

2

3

4

5

6


Maio 2012
(20 días lectivos)

Xuño  2012 (16 días lectivos)

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

 

 

 

lun

mar

mér

xov

ven

sáb

dom

28

29

30

31

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

1


Lenda

 

 

Comezo Curso Escolar 2011/2012

 

DÍAS LECTIVOS

 

 

Comezo clases en Infantil e Primaria

 

1º TRIMESTRE

67

 

 

Días lectivos

 

2º TRIMESTRE

57

 

 

Sábados, Domingos/Festivos

 

3º TRIMESTRES

51

 

 

Vacacións de Nadal

 

Total Curso

175

 

 

Vacacións de Antroido

 

 

 

 

Vacacións de Semana Santa

 

 

 

 

 

Ultimo día de clase Infantil e Primaria

 

 

 

 

 

Día do Ensino (Tódolos centros Galicia)

 

 

 

 

 

Días non lectivos locais (pendentes)

 

 

 

CONMEMORACIÓNS

–Do 1 ao 11 de decembro de 2011: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

–10 de decembro de 2011: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

–30 de xaneiro de 2012: Día da Paz.

–8 de marzo de 2012: Día Internacional da Muller Traballadora.

–15 de marzo de 2012: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

–Do 12 ao 16 de marzo de 2012: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

–Entre o 12 e o 30 de abril de 2012: Día do Libro.

–7 de abril de 2012: Día Mundial da Saúde.

–9 de maio de 2012: Día de Europa.

–Do 9 ao 16 de maio de 2012: Semana das Letras Galegas.

–5 de xuño de 2012: Día Mundial do Ambiente.


Xantar de xubilación de Tino e Inés

Xubilación Inés L. e Tino do CEIP A.Insua Bermúdez Vilalba Lugo


Clica na imaxe para acceder ao álbum de fotos da xubilación


Tino e Inés, dúas persoas que foron exemplo a seguir no seu traballo docente, fonte inagotable de inspiración, de transmisión de afecto, sensibilidade, bo humor, e sobre todo, de amistade. Dúas persoas, dous grandes profesionais, dous MESTRES, con maiúsculas, que deixan o Colexio por xubilación, pero que nunca se irán realmente del. Seguirán exercendo a súa mestría en cada sitio que frecuenten, porque, por moito que se xubilen, nunca deixarán de ser o que sempre foron: mestres. E, por suposto, seguirán sendo para sempre  MESTRES DO COLEXIO INSUA BERMÚDEZ.
Tino, Inés: grandes mestres, grandes persoas, grandes amigos. Desexámosvos o mellor. Sede felices, coidade dos vosos netiños e non esquezades nunca que aquí tedes a vosa casa.



Distribuir contido