Información Importante Covid
NOVAS DIRECTRICES DO USO DA MÁSCARA NOS CENTROS EDUCATIVOS
Novas directrices da Xunta de Galicia sobre o uso da máscara nos centros educativos
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790
Plan de adaptación COVID.
Ao longo do mes de setembro o noso centro realizou todas as accións necesarias para adaptar os protocolos que foi publicando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria á realidade concreta do noso colexio.
Todas as medidas tomadas ata agora están recollidas na derradeira versión do PLAN DE ADAPTACIÓN COVID (pois están continuamente actualizando a proposta da Consellería), É MOI IMPORTANTE QUE TODOS AS COÑEZAMOS E AS RESPETEMOS.
Este comezo de curso supuxo un gran esforzo para toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familas, persoal administrativo, de mantemento, de limpeza...) pero entre todos estamos conseguindo levar a cabo o día a día dun xeito responsable e seguro. No arquivos seguintes podedes consultar o plan actualizado así como os anexos, incluíndo tamén o Plan de Continxencia e o Programa de Acollida (a principio de curso).
Pautas de actuación ante sintomatoloxía COVID.
Debido a situación sanitaria que estamos a vivir é moi importante saber como actuar no momento que detectemos na casa que os nosos pequenos e pequenas presentan algún posible síntoma da COVID. Neste imaxe tedes un resumo da información máis importante.
No seguinte arquivo tedes a información un pouco máis detallada.
Volvamos á escola con sentidiño.
No portal educativo da Xunta de Galicia hai publicados unha serie de documentos moi útiles sobre diferentes temas relacionados coa nova situación que estamos a vivir nos centros educativos. Atoparedes información sobre a autoevaluación, a declaración responable, diferentes protocolos para a prevención da transmisión da COVID no centro, no comedor... e moito máis. Non deixedes de consultalos.