Consello Escolar

Consello Escolar

Eleccións ao consello escolar 2021.

Na reunión do 2 de novembro a Xunta Electoral acordou o seguinte calendario electoral:

1. A partir do venres 5 de novembro estarán expostos os censos. Poden facerse reclamacións ata o 12 de novembro.

2. Presentación de candidaturas ata o día 15 de novembro, na secretaría do centro.

3. O sorteo público das persoas compoñentes da mesa electoral será o 16 novembro ás 9:00.

4. As votacións celebraranse o martes día 23 de novembro de 9:00 a 10:00 de 13:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.
Contamos coa participación de todos os membros da comunidade educativa.!!

Aprazamento da convocatoria de eleccións para a renovación do consello escolar

A RESOLUCIÓN conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro de 2020) pasa a quedar sen efecto pola nova RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e FormaciónProfesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dosconsellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada doCOVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións faise necesario o aprazamento da convocatoria de eleccións a consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos. Isto é o que dicta esta nova resolución, que sairá próximamente no DOG.

A composición do consello escolar do centro manterase como estaba ata o momento. No caso de ter que cubrir algunha baixa, tirarase da última lista saída da elección anterior.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

COMEZA O PROCESO DE RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES 

ESTE ANO RENÓVASE A SÚA COMPOSICIÓN COA ELECCIÓN DOS SEGUINTES REPRESENTANTES:

FAMILIAS DO ALUMNADO: 2 REPRESENTANTES

PROFESORADO: 2 REPRESENTANTES

Anímate! Participa!

 

A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS DIFERENTES SECTORES (FAMILIAS DO ALUMNADO e PROFESORADO), COMEZA o 8 DE NOVEMBRO E REMATA ÁS 14 HORAS DO 15 DE NOVEMBRO.

OS MODELOS DE CANDIDATURAS PODEN RECOLLERSE NA SECRETARÍA DO CENTRO

 

 

A CONSTITUCIÓN E CELEBRACIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR SERÁ O MARTES 5 DE DECEMBRO ÁS 14 HORAS

 

O SEGUIMENTO DE TODO O PROCEDEMENTO PODE SEGUIRSE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

Distribuir contido

Back to top