Día da paz

DÍA DA PAZ 2023

Este ano, polo día da Paz, todo o cole cantaremos e bailaremos a canción "MOVETE" de Paco Nogueiras. Aquí vos deixamos o enlace para practicar en casa o baile aprendido coa profe Bea en música!

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.

Todos os anos xuntábamonos no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción, cunha parte en lingua de signos.

Este ano non podíamos quedar atrás e para celebralo adaptámonos a esta situación que estamos a vivir. 

O alumnado de 6º de Educación Primaria cantou a canción "On écrit sur les mur", ("Escribimos en las paredes"), en colaboración entre as áreas de Lingua Francesa e Música. Ademáis elaborou un manifesto que escoitamos por megafonía.

Todo o centro decorou as súas portas das aulas con palabras de Paz, como dí a canción. 

Nos seguintes vídeos poderedes escoitar ao alumnado e o resultado do traballo realizado:

 CANTA O ALUMNADO DE 6ºA

 IMAXES DAS AULAS "A" DO CENTRO

                        
 

 CANTA O ALUMNADO DE 6ºB

IMAXES DAS AULAS "B" DO CENTRO

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia, pero como este ano cadra en sábado, conmemorámolo o venres 29.

Todos os anos xuntabámonos no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción, cunha parte en lingua de signos, escollida e traballada na área de Educación Musical pola profesora Bea.

Este ano non podiamos quedarnos atrás e para celebralo adaptámonos a esta situación que estamos a vivir.

O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou un manifesto que gravou para que todos podamos velo nas nosas aulas:

 

Ademais cada aula escribiu o seu desexo para a paz mediante palabras, que están colocadas por varios murais do cole.
Queredes saber cales son? No seguinte vídeo poderedes velas mentres escoitades a canción escollida este ano "Cor Esperanza" de Diego Torres.
 
 
Xuntos na hora de ler festexaremos a Paz, vendo o noso traballo, nas nosas aulas.

DIA DA PAZ

O pasado xoves 30 de xaneiro celebramos no cole o DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Para ese día, decoramos o cole con murais cheos da percepción da paz do noso alumnado, e logo reunímonos no patio co manifesto de paz elaborado polo alumnado de 6º e cantamos todos xuntos a canción de Rozalen "La puerta violeta".

 

DIA DA PAZ 2020

Para a conmemoración do Día da Paz, o vindeiro día 30 de xaneiro, cantaremos e interpretaremos a canción de Rozalén “La puerta Violeta”.

Aquí tedes os vídeos para que vaiades practicando:

 

 

 

 

Co noso maior agradecemento a Carolina Calviño Melón, Intérprete de lingua de signos española ILSE del CEIP Escultor Acuña de Vigo.

FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ

O luns 4 de febreiro xuntámonos, un ano máis, todo o centro para festexar o Día da Paz e Non Violencia!

Comezou o alumnado de 6º de Educación Primaria lendo o manifesto que prepararon previamente nas súas titorías.

A continuación, tendo presente o noso Proxecto Documental Integrado sobre o Horto, dous alumn@s de cada aula foron lendo o seu pareado da receita de cociña para a Paz. Non son as receitas as que estades acostumados, estas levan uns ingredientes moi especiais e que están ao alcance de tod@s.

Finalmente bailamos e interpretamos en linguaxe de signos, tod@s xunt@s, a canción "Madre Tierra"

Deixámosvos unha mostra do que compartimos ese día, non o perdades!

Podedes ver todas as fotos aquí.

 

ALBERT EINSTEIN: "A PAZ NON PODE MANTERSE POLA FORZA, SOAMENTE PODE ALCANZARSE POR MEDIO DO ENTENDEMENTO"

Para poder acceder ao noso recetario  pinchade na seguinte imaxe e viaxaredes ao blogue da Biblioteca.

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ

Coma tódolos anos celebraremos o Día da Paz o 30 de xaneiro.

Este ano a canción que cantaremos e faremos en lingua de signos todos e todas xuntos será "MADRE TIERRA".

Seguimos, desta forma, traballando os valores como dar, compartir, ser agradecido co que nos da a vida xunto co valor de coidar o noso planeta.

Aquí vos deixamos o vídeo da canción para que ensaiedes na casa:

 

 

No Recuncho de Xoan tedes unhas recomendacións de lectura. Non volas perdades, clicade na pomba da Paz!!

Día da Paz

Hoxe martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Os alumnos/as de 6º de primaria leron un manifesto en forma de poesía, logo todo o centro participou na solta de pombas e acabamos bailando todos xuntos a danza da paz de Mamá Cabra.

 

Durante esta semana cada clase coloreou varios corazóns e hoxe os empregamos para montar unha árbore chea de bos desexos.

Podedes ver todas as fotos aquí.

30 DE XANEIRO_ DÍA DA PAZ_ "SEMENTANDO PAZ" DESDE O COLEXIO BALAIDOS PARA O MUNDO

 

Sementaremos PAZ con esta danza, orixinal do grupo Mamá Cabra, e daremos lectura ao MANIIFESTO POLA PAZ 2018, na voz do alumnado de sexto. Tamén soltaremos vinte pombas, serán o símbolo dos nosos mellores desexos para que A PAZ no mundo sexa unha realidade.

Preme na pomba da Paz e poderás ler o MANIFESTO:

Aquí tedes o vídeo onde podedes aprender os xestos para facer o baile do día da Paz. É  moi sinxelo. Todo o mundo a sementar paz!!

 

O DÍA DA PAZ 2017

Coma tódolos anos celebraremos o día da paz a finais de xaneiro, este ano a canción que cantaremos e faremos en lingua de signos todos será: APERTAS QUE VOAN.

Distribuir contido

Back to top