Fin de curso

Festa de fin de curso 21-22

Rematamos un curso máis e celebrámolo cunha gran festa chea de xogos, comida e diversión!! O próximo curso voltaremos con moitas ganas de aprender e divertirnos e achegándonos pouquiño a pouco a normalidade. Feliz verán a todas e todos!

Fin de curso 2020-2021

Este curso non foi como os demáis, e aínda que non puidemos facer moita cousa, intentamos despedilo como se merece, con actuacións musicais e obras de teatro para intentar animalo un poco!! Temos:

- 3 anos A. Superheroes da pandemia.

- 3 anos B. O Rock Molón

- 4 anos A. Quero ser astronauta.

- 4 anos B. A quen lle importa

- 5 anos A. Imos a primaria

- 5 anos B. Imos a primaria

- 2ºA de E.P. Todos a Reciclar.

- Obra de teatro de 3ºA de E.P.

- Obra de teatro de 3ºB de E.P.

- Interpretación de pezas clásicas por alumnas de 6º:

      + Claudia, Lucía,e Ariadna o coro de Judas Macabeo.

      + Lucía. Concerto en Si menor O Rieding po 35.

      + Ariadna. Rule Britania de Thomas Arne.

      + Claudia. Hunter´s Chorus  C.M. Weber.

     + Claudia e Lucía. Somewhere over the rainbow.

 

Ademáis destas fantásticas actuacións, tamén fixemos xogos ao aire libre, sempre respetando os grupos estables de convivencia, que foron moi divertidos.

 

FESTA FIN DE CURSO

O 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso! Os alumnos e alumnas de infantil e

primaria disfrutaron, primeiro, dunha gran merendola (coas tartas dos que celebran os

aniversarios no verán) Despois, os máis cativos, tiveron uns divertidos xogos de auga!

Mentres tanto, os alumnos de primaria disfrutaron de varios obradoiros onde puideron

facer pulseiras de abaloiros, brochetas de froita, pompóns con ollos, pai -pai,

bonecos anti-estrés, scrapbook.. 

 

Festa fin de curso!!

Hoxe celebramos a festa de fin de curso! Os alumnos e alumans de infantil disfrutaron dun concerto, unha gran merendola (coas tartas dos que celebran os aniversarios no verán) e uns divertidos xogos de auga!

 
Podedes descargar as fotos aquí.
Mentres tanto os alumnos de primaria disfrutaron de varios obradoiros ou xogos onde puideron facer pulseiras de abaloiros, brochetas de froita, xogos de auga, sogatira... e logo realizaron festas en cada aula.
 
 
Podedes descargar as fotos premendo aquí.
Distribuir contido

Back to top