Skip to Content

Taboleiro

Axudamos á protectora de animais do Carballiño PACA

O colexio CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo) iniciou unha actividade solidaria de recollida de penso para os animais da protectora do Carballiño. 

Propúxeronnos colaborar tamén para que o día da convivencia, que terá lugar no Irixo a finais de marzo, fagamos unha cadea humana para entregarlle ao persoal da protectora o penso recadado por todos os colexios participantes.

A idea é superar a recadación do ano anterio e, para iso, estaría ben que cada neno trouxese un kilo de penso, para tal fin. É unha actividade completamente solidaria e voluntaria para quen queira participar e axudar aos animais da protectora, polo que non é obrigatorio traer penso. 

Non obstante, animámosvos a participar. 

Xa temos todo isto recadado!!!

 

Aprendemos sobre protección civil

Onte visitaronnos os nosos amigos da Brigada de Protección Civil de Beariz para darnos unha charla sobre cómo actuar en caso de emerxencia. Explicáronnos sobre as situacións de risco ás que nos podemos enfrontar no centro ou na casa como poden ser un incendio ou unha ferida sangrante. Tamén nos avisaron a qué número chamar: 112. 

Tamén nos ensinaron o camión de bombeiros e mesmo nos deixaron probar os extintores para saber manexar un se nos vemos na necesidade.

Velaí unhas fotos. 

Entroido, por fin!!

O venres 9 de febreiro celebramos no cole o Entroido. Todos e todas nos disfrazamos de superheroes con disfraces que fixemos nós mesmos. Esperamos a que amainara a choiva e puidemos saír a desfilar polo pobo. Fomos á Casa do Concello, ao Centro de Saúde, á Residencia de Anciáns, ao supermercado e á panadería. Divertímonos moito. 

Xoves de comadres!!

O pasado xoves 8 de febreiro celebramos o xoves de comadres. Hoxe tocoulle ás rapazas perseguir aos rapaces para quitarlles as súas comadres. Aínda que as rapazas esforzáronse por atrapalos, os rapaces tiveron máis aguante e varios conseguiron conservar a súa comadre. Todas e todos pasamos un bo rato. 

Velaí algunhas fotos. 

Día de Compadres no colexio

O xoves 1 de febreiro celebramos no colexio o Xoves de Compadres, unha tradición ourensá típica do Entroido, na que as rapazas deben correr cos seus "compadres" evitando que os rapaces llos quiten e destrocen. As rapazas demostraron ter moito aguante.

Pasámolo moi ben!!

Pola Paz no mundo

Hoxe celebramos o día da Paz e para iso reunímonos todos e elaboramos un mural reutilizando os tapóns de botellas de plástico. A través do mural puidemos reflexionar que o mundo precisa paz e que esta paz conseguese traballando xuntos e respectando as nosas diferenzas. Despois elaboramos unhas botellas cunha mensaxe na que explicabamos qué era a paz para cada un de nós. Obtivemos unhas reflexións moi interesantes.  Aquí tendes algunhas fotos.

O día da Ilustración e de Castelao

Hoxe fixemos unha visita á Barcia na biblioteca con motivo da celebración do día da Ilustración e do nacemento de Castelao. Alí, recibimos a visita dun escritor do lugar, que se ofreceu a lernos un dos seus relatos para que nós despois o puidésemos ilustrar. Tamén, falamos de Castelao e mesmo comentamos aspectos sobre a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. Velaí algunhas fotos. 

 

Aprendemos sobre os dentes e os seus coidados

O venres 12 de xaneiro viñeron a explicarnos por cantos dentes está formada a dentadura, qué é unha ortodoncia e cómo podemos coidar os nosos dentes. Ademais, por portarnos tan ben déronnos un agasallo moi chulo. 


AVISOS

Estimadas familias:

Recomendámosvos que mañá e os vindeiros días mandedes ao colexio aos vosos fillos e fillas ben abrigados, xa que a caldeira da calefacción hoxe non funcionaba porque, parece ser, que foi encendida nas vacacións de Nadal por persoal alleo ao equipo docente cando nos encontrabamos de vacacións; razón pola cal descoñecemos por qué falla e non puidemos tomar as medidas oportunas antes. O técnico encargado de revisala e arranxala xa está avisado e pasará mañá sobre as 11:00h.

Un saúdo e desculpade as molestias.

A Responsable de centro

Felices Festas!!

Esperamos que pasedes unhas FELICES FESTAS e que o novo ano 2018 sexa moi próspero. 

As clases retomaranse con normalidade o día luns 8 de xaneiro de 2018 

Distribuir contido


by Dr. Radut