biblioteca

Inicio de Curso 2018/2019

Como é costume o curso no noso cole comeza cunha festa de benvida para todos e todas.

Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración de Paco Nogueiras co seu espectáculo BRINCA VAI!

Pasámolo xenial. Aquí vos amosamos algunhas das imaxes que o demostran:

 

   

 

 

RECOMENDACIONS LECTORAS

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o verán,esperemos que vos gusten!

 

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Ola amig@s!

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.

Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).

Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.

Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!

 

 

 

 

Semana do Libro

 

 

Ademáis das actividades que xa vos contamos, para

conmemorar o Día do Libro,fixemos máis cousas, como escribir

unha frase do que é para nós un libro ou a lectura,facer

debuxos sobre o noso libro favorito,....

Tamén tivemos o gusto de disfrutar das lecturas dos traballos

premiados no concurso de micropoemas e microrrelatos

levado a cabo polos equipos de Normalización da zona.

Aquí vos deixamos algunha imaxen:

 

 

 

 

 

 

Semana do Libro

Esta semana no noso Centro adicamos un ratiño do noso

tempo a lecturas relacionadas coa Diversidade,tales como,

"UNHA PARELLA DIFERENTE" , "ORELLAS DE BOLBORETA" , ou

"ELMER".Os nenos e nenas de 3º e 4º encargáronse de facer

as lecturas aos compañeiros dos outros cursos.Ímosvos

amosar unhas imaxes que plasman estes momentos.

Noemí e Marco :

 

 

Pablo e Aarón :

 

 

 

EXPOSICIÓN DE PINTURA

            

 

          

 

            

 

           

 

Powered by Drupal - Design by artinet