biblioteca

LIBROS DOS VENRES. AULA 3 ANOS.

Ola familias.

Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.

O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.

CELEBRACIÓN DÍA BIBLIOTECAS 2015

Ola!!

 

Como sabedes o día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS, ao ser sábado na escola decidimos celebralo o venres 23.

 

Na hora do PLAN LECTOR, en dous grupos (3º, 4º, 5º e 6º e Infantil, 1º e 2º), pasamos pola Biblioteca. Alí estaba esperando algún/ha dos integrantes do Equipo de Biblioteca.

MAGOSTO E SAMAÍN 2015

 

 

Ola a todos e todas, o próximo MARTES 27 de outubro celebraremos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.

 

Está é unha actividade feita coa colaboración da ANPA e os equipos de Complementarias e Extraescolares, EDLG e Biblioteca. 

 

Dende a Biblioteca fixemos unha selección de fondos relacionados co Samaín, outono, magosto... e podedes vela onda a entrada da biblio.

Unha pequena mostra:

BENVIDA AO CURSO 2015/2016

Ola de novo!!

 

Benvidos e benvidas ao curso 2015/2016.

Canto vos botei de menos nas vacacións... espero que veñades con moitas ganas de traballar e aprender.

 

Para este curso imos desenvolver un novo Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre "O MEL" no que xa están traballando os mestres e mestras e do que logo teredes noticias. 

Exposición do alumnado de 5º e 6º aos outros cursos do cole dos muíños cercanos ao seu domicilio

Déixovos unhas imaxes da exposición que fixo o alumnado de 5º e 6º aos compañeiros e compañeiras do cole. Recolleron información sobre os muíños cercanos ao seu domicilio e logo puxérona en común: 

 

Powered by Drupal - Design by artinet