biblioteca

PEQUECIENCIA NA BIBLIOTECA

Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!

 

 

 

Mochila viaxeira

                                                                                                       

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2016

Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.

A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.

Preme aquí ou no arquivo adxunto.

 

Un saúdo e bo verán!

DÍA DO LIBRO 2016

Ola a todos e todas, como sabedes, o 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO.

 QUIXOTE DÍA DO LIBRO

Premendo aquí ou no arquivo adxunto podes ler a mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día mundial do libro e dos dereitos de autor.

 

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos o entroido na escola. Como xa sabedes este ano o noso PDI é "ALOUMIÑOS DE MEL" así que centramos o entroido na temática do mel.

Na aula de tres anos disfrazáronse de osos:

 os de tres anos disfrazados de osos

 

Os nenos e as nenas de 4 e 5 anos de abellas:

 4 e 5 disfrazados

 

Na aula de 1º de flores:

DÍA DA PAZ 2016

O pasado venres 29 de xaneiro celebramos na escola o DÍA DA PAZ

Todos os nenos e nenas do colexio, ademais de traballar sobre a Paz na nosa aula, cantamos e bailamos xuntos unha canción con letra do recentemente finado Xosé Neira Vilas e que leva por título

"CANTARELA DOS NENOS".

Grazas profe Irene por ensinarnos cousas tan bonitas!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet