biblioteca

Vai chegando o Entroido...

Aí ven o Entroido,

e festa rachada,

os nenos/as na escola

faremos foliada!

 

LIATANTOSCONTOS danos estas comandas para a semana do 09 ao 13 de febreiro:

O luns debemos traer algo

para a cabeza adornar,

pon o teu maxín a funcionar...

 

O martes volve desfrutar,

a cara has de pintar.

 

BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA DO CABADA VÁZQUEZ

Ola, son LIATANTOSCONTOS a mascota da Biblio do CEIP Cabada Vázquez e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas.

mascota biblioteca liatantoscontos

Comezamos esta andaina na web a partir dun curso que estamos facendo os mestres e mestras do cole cun proxecto de formación no centro (PFPP).

Este xa é o segundo ano neste proxecto no que participamos todo o claustro. Os "profes" están moi contentos/as porque agora comézase a ver o traballo que veñen desenvolvendo dendo hai dous ou tres cursos.

Recomendacións lectoras Nadal 2013

Aquí vos deixamos unhas recomendacións de lectura para este tempo de Nadal. Agardamos que sexan do voso interese.

PDF

Recomendacións lectoras, Nadal 2013

Powered by Drupal - Design by artinet