Artigos
Servizos complementarios - Sub Categories
MENÚ ORIENTATIVO COMEDOR FEBREIRO 2024
MENÚ ORIENTATIVO COMEDOR FEBREIRO 2024
* MENÚ ORIENTATIVO, SUSCEPTIBLE DE VARIACIÓN DEBIDO A INCIDENCIAS OU PROBLEMAS DE SUBMINISTRACIÓNCOS PRODUTOS NECESARIOS PARA A SÚA ELABORACIÓN DIARIA
COMEDOR NA CARRASQUEIRA
INFORMACIÓN SOBRE O SERVICIO DE COMEDOR NO NOSO COLEXIO.
O C.E.I.P da Carrasqueira é un dos centros de Vigo que dispoñen dun comedor de Xestión directa, o cal quere decir que o noso alumnado ten a posibilidade de comer menús elaborados por cociñeiros no propio centro. Podemos afirmar que a calidade do mesmo é maior que a de outros tipos de xestión de comedores escolares.
Este privilexio conleva nembargantes certos sacrificios, a organización do servizo de comedor esixe moitos esforzos tanto por parte do equipo directivo, docente e non docente, como das familias (que atenden e coidan ao alumnado no tempo adicado a comer e o previo ás entradas e saídas ao mesmo); estas familias son a maiores reincidentes, xa que ano tras ano repiten para que o resto poidan disfrutar dun servizo que depende de xeito absoluto na súa colaboración.
Para que nos acompañedes na mellora do servizo rogamos que teñades en conta o seguinte:
.- Se x meu fillx non vai a comer no comedor durante varios días: no só aviso ao mestrx, teño que chamar ao edificio administrativo para informar de que non se vai a facer uso do servizo de comedor e transporte durante os días que non o necesitedes (Se queremos formar parte dunha sociendade que fai un uso responsable e sostible dos recursos temos que ser conscientes de que se non aviso con tempo o menú que se elabora e non se consume vai a tirarse ao lixo).
.- Se o meu fillx no vai a facer uso do servizo de comedor un día: Na medida do posible tedes que chamar antes das 11:30; a partires desa hora xa se comeza a cociñar, é imposible anular un menú que está na cazola, se non o facedes (a menos que se demostre a urxencia e a dificultade de facelo con tempo) verémonos na obriga de cobrar ese menú xa elaborado.
.- No que respecta ao transporte despois do servizo de comedor:
Tedes que chamar sempre ao teléfono do colexio para avisar de que non se vai a facer uso do transporte.
Todxs xs que non avisan deben saber que demoran a saída dos autobuses posto que temos que chamar por teléfono, antes de que estos saian, para cerciorarnos de que non están no colexio o que retrasa o servizo.
Por favor, avisade no edificio administrativo para que consten as faltas nas listas de comedor, somos mais de 300 persoas, con que un 1% non o faga o retraso pode supoñer máis de 20 min.). Este problema é moi común entre as famailias que veñen a recoller a un/ha nenx que se pon malo (e o levan sen informar da anulación dos servizos complementarios) ou aquel que non volve dunha revisión médica a media mañán...
Grazas familias por colaborar, entre todxs podemos mellorar os servizos dos que todxs disfrutamos.
Un saúdo agarimoso!
PAGO TELEMÁTICO DO SERVIZO DE COMEDOR ATRAVÉS DE ABALAR:
PREME NO ENLACE:
VÍDEO EXPLICATIVO:
Na nosa escola tamén temos....
O Centro conta cuns servizos que facilitan a conciliación da vida laboral e familiar coas necesidades educativas dos seus fillos.
Dispoñemos de transporte escolar con varias liñas, comedor, aula matinal e diversas actividades extraescolares.