Magosto

MAGOSTO 2010

Magosto 2010
 
Había unha vez,no medio dun campo,un castiñeiro tan grande e tan alto,que dende as súas ramas víanse o ceo,o mar e o mundo.
E o castiñeiro estaba aquel outono cheiño de castañas.
Vós xa sabedes que as castañas nacen e viven todo o ano dentro dun ourizo;así non as collen o frío,a neve,a chuvia…
Un día,no mes de novembro ¡ZUUUUM! Chegou o vento e hala!empezou a soplar e soplar ZUUUUUM!, ZUMMMMM!.
E có vento chegou o frio, xa que sempre andan xuntos.
E entón,chegaron os nenos e as nenas,os papás e as mamás,as avoas,os avós…todos traían cestos para recoller as castañas que caían ó chan por mor do vento e o frío.
Pero unha manchea de castañas non quería baixar aínda do castiñeiro:_”Queremos ver outra vez a maxia do amencer”_repetían unha e outra vez.
Foi por iso que se agarraron ben á súa árbore para seer máis fortes que o vento;e decidiron pegarse ben unhas a outras para ser máis fortes que o frío.
Así que…se pegaron ben,ben,ben…e así xa non tiñan frio porque se daban calor unhas a outras .Que ben!
Pero…no alto do castiñeiro empezáronse a escoltar berros, aies…
AHHHHH!-berrou unha castaña grande.

-Temos que separarnos,.Ao xuntarnos tanto, os pinchos dos ourizos pinícannos e fannos dano.Veña, separémonos.
E as castañas separáronse, que alivio!; é terrible sentir os pinchazos todo o tempo.
Máis… que frío facía!.As castañas empezaron a tremer.
-Ah!-Volveu dicir a señora castaña, que por grande,parecía a xefa do grupo-isto é morrer de frío.Hai que xuntarse, nenas, se non non aguantaremos a noite.
E, hala!volveron xuntarse; pero…que lío! Como non aguantaban a dor dos picazos,decidiron separarse de novo.
E como tiñan frío, decidiron xuntarse outra vez; e así  unha morea de veces:para acá,para alá,para acá,para alá…
Ata que,chegado un momento,deixaron de moverse e quedaron caladiñas,caladiñas…
_Que pasou?_preguntou alarmada a señora castaña-por que xa non nos separamos e xuntamos e separamos e xuntamos e así sempre?
-Mirade!-berrou unha castaña pequerrecha-que guai!Somos quen de estar xuntas para non ter frio,pero non tan pegadas como para picarnos unhas ás outras cos pinchos dos nosos ourizos…
-BEEEEEN!-aplaudiron todas as castañas.
E foi así como conseguiron pasar a noite quentiñas e sin facerse dano;foi así como conseguiron convivir:dando e collendo calorciño unhas e outras,evitando o que a unhas e outras producía dor.
E foi por iso que,cando amenceu,contemplaron o ceo,e o mar,e o mundo,dende o alto do seu castiñeiro.
Foi por iso que,alí arriba,viron e entenderon a maxia do amencer.


Distribuir contido

Foro de novidades e actividades

           

         O noso INSTAGRAM é

  ceip_carrasqueira_vigo

       Animádevos a coñecelo!

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan Dixital de centro

 

A leira de Carrás

A LEIRA DE CARRÁS

Escola de Nais e Pais

Biblioteca

Peque Carrasqueira

BLOG DE INFANTIL

 

Pais/Nais