Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

INFORMACIÓN SOBRE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025

As listaxes provisionais de alumnado con praza asignada para o vindeiro curso escolar 2024/2025 están publicadas no taboleiro de anuncios situado na entrada do colexio.

Poden consultarse tamén no seguinte enderezo electrónico, introducindo o código da solicitude:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Neste caso é necesario dispor de certificado electrónico ou Chave 365.

No noso centro, todas as solicitudes presentadas en prazo foron admitidas, excepto aquelas para os cursos nos que houbo máis solicitudes que vacantes, que pasarán á comisión de escolarización.