Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Información xeral

FELIZ SEMANA DO LIBRO!!

Damos comezo á Semana do Libro e que mellor maneira que recibindo na biblioteca un agasallo moi especial: un exemplar do libro escrito polo noso alumno Xaime de 6* primaria.

Xaime acaba de publicar “O val dos seres mitolóxicos” e quixo que formase parte do noso fondo de libros, adicando e asinando este exemplar para que todo o alumnado e profesorado do CEIP Cruceiro de Canido poida desfrutalo.

Dende o Equipo de biblioteca e o colexio, queremos darlle as grazas a Xaime pola súa aportación, así como achegarlle os nosos parabéns por esta nova andaina no mundo da escritura.

Que orgullo para o noso cole e aínda máis para a nosa biblioteca.

 

FELIZ SEMANA DO LIBRO!!

O Equipo de biblioteca.

 
 
 
 
Distribuir contido