Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

NOTAS INFORMATIVAS

INFORMACIÓN SOBRE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025

As listaxes provisionais de alumnado con praza asignada para o vindeiro curso escolar 2024/2025 están publicadas no taboleiro de anuncios situado na entrada do colexio.

Poden consultarse tamén no seguinte enderezo electrónico, introducindo o código da solicitude:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Neste caso é necesario dispor de certificado electrónico ou Chave 365.

No noso centro, todas as solicitudes presentadas en prazo foron admitidas, excepto aquelas para os cursos nos que houbo máis solicitudes que vacantes, que pasarán á comisión de escolarización.

Xornada de Portas Abertas

Reserva de praza para o curso 2024/2025

O procedemento de reserva de praza vai dirixido ao alumnado de 6º de Primaria que queira matricularse na ESO no centro de adscrición, ou sexa, o IES Ferro Vello.

O resto deberán solicitar a admisión no prazo establecido, do 1 ao 20 de marzo, no centro no que desexen continuar os estudos.

·      

Prazo de presentación:

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

·      

Presentación de solicitudes:

1. As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Tamén poden presentarse presencialmente na secretaría do colexio de 9:15 a 13:30 horas.

 

2. Os formularios normalizados de solicitude e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora tamén estarán accesibles:

 

a)    

Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b)    

No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal

c)    

Nas dependencias dos centros docentes.

 

3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

 4. A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

Reunión inicio de curso coas familias

3º ciclo: Aviso importante

Queridas familias:

Antes de nada as titoras de 5º e 6º queremos desculparnos polo erro xurdido cos cadernos. Se alguén tivo algún problema e non puido solucionalo pode poñerse en contacto co centro.

Achegamos nome e ISBN dos cadernos de :

- Lengua: Cuaderno "Construyendo mundos". 978-84-144-0405-8. Año 2023, Santillana.

- Lingua: Cuaderno "Saber facer contigo". 978-84-9185-231-5. Ano 2020, Obradoiro.

Achegamos nome e ISBN dos cadernos de :

- Lengua: Cuaderno "Construyendo mundos". 978-84-144-0402-7. Año 2023, Santillana.

- Lingua: Cuaderno "Saber facer contigo". 978-84-9185-361-9. Ano 2021, Obradoiro.

 

 

 

Distribuir contido