"EDUCAR SEN SOÑAR É COMO FACER ARTE SEN CREATIVIDADE"

LISTADOS DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA O CURSO 2012-13

Enviado por Maravillas en Mér, 05/16/2012 - 13:29.

No Consello Escolar do 15 de maio de 2012, unha vez resoltas as reclamacións aos listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Centro para o curso 2012-13, aproba os listaxes definitivos de admitidos e excluídos.


LISTADOS DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS POR NIVEL, premer aquí.

( categories: )

ENTROIDO 2012

Enviado por Maravillas en Lun, 02/20/2012 - 04:16.

Celebramos o magosto o venres 17 de febreiro.


Para que poidan visualizar e descargar as fotos dos diferentes grupos, posto que este ano fixémolas nas aulas para comodidade do alumnado, están colgadas na Galería desta páxina.


Poden acceder a elas ou ben picando onde pon "Galería" na zona superior esquerda da páxina principal o premendo aquí.

DÍA DA PAZ 2012

Enviado por Maravillas en Lun, 02/13/2012 - 14:06.

   


  


O día 30 de xaneiro no Centro conmemoramos o día da Paz.


Baixamos ao patio todos os curso cunha pancarta coa mensaxe de Paz de cada ciclo, ao ritmo da música de John Lenon "Imagine", logo todo o alumnado co profesorado cantamos "Mi trozo de cielo" de Rosana.

O PROXECTO ABALAR NO CENTRO

Enviado por Maravillas en Dom, 01/15/2012 - 21:50.

Este curso 2011/12 o noso centro comeza a pertencer a REDE ABALAR, co inicio do novo ano, despois de poñer todo a punto, o alumnado de quinto curso comezou a traballar cos netbooks que xa teñen adxudicados.


As tecnoloxías da información e a comunicación empregaranse como algo habitual no proceso de ensino-aprendizaxe, cun alumnado do século XIX, unha tecnoloxía deste século.


    

( categories: )

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2012.

Enviado por Maravillas en Mér, 03/07/2012 - 17:29.

As axudas están reguladas na Orde 22 de febreiro de 2012, do DOG 05.03.12.


Cartel informativo premer aquí. 

HOMENAXE A ÁLVARO CUNQUEIRO

Enviado por Maravillas en Sáb, 12/10/2011 - 18:58.

Con mótivo do centenario do nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro, o Equipo de Normalización Lingüística do noso Centro, coa colaboración da Xefatura de Estudos, organizou unha homenaxe o día 07.12.11.


Co seguinte programa:


Introdución por parte do alumnado de 6º de Ed. Primaria.


O 1º e 2º ciclo de Ed. Primaria recitaron unha poesía cada un dos ciclos:


                                - 1º ciclo de primaria: "Meu amigo él".


                               -  2º ciclo de primaria: "Terra adentro".


O 5º nivel de Ed. Primaria, recitarou a poesía: "Hai unha illa loubada".


O 6º nivel de Ed. Primaria recitaron como segue:


                                 - 6ºA  A cantiga "Dona do corpo delgado".


                                 - 6º B "Amiga namorado vou" (a alumna Jazmina).


                                          "Laude do Albariño" (a alumna Verónica).


Todo o alumnado do colexio (Ed. Infantil e Ed. Primaria) conxuntamente cantarán: "Quen poidera namorala" de L. Emilio Batallán.


 


 

MAGOSTO E SAMAÍN 2011

Enviado por Maravillas en Dom, 11/13/2011 - 23:05.

ESTE CURSO COMO OUTROS, DURANTE VARIAS SEMANAS OS DIFERENTES CURSOS E NIVEIS DECORAN O COLE CON MURAIS, BONECOS FEITOS POLOS NENOS/AS, ADEMÁIS TRABALLOS RELATIVOS A ESTA FESTA DO MAGOSTO E DO SAMAÍN, A CONTINUACIÓN VEREDES UNHA MOSTRA DELES


       


      


      


O VENRES 11.11.11 NO COLE CELEBRAMOS TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:


CUN CONCURSO DE CABAZAS, cunha inmensa participación:


      


      


      


CON BAILES POR CICLOS DENDE INFANTIL A PRIMARIA:


     


     


E AO FINAL DA DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS CON LEITE:


     

O NOSO CENTRO É XA UN CENTRO ABALAR.

Enviado por Maravillas en Lun, 08/29/2011 - 00:14.

O  C.E.I.P. "Cruceiro de Canido" dende este curso académico formará parte dos centros da Rede Abalar.


Elaborouse un Proxecto para a adscrición a Rede Abalar do C.E.I.P. "Cruceiro de Canido", condición indispensabel para ser Centro Abalar e pertencer a dita Rede, coa aprobación do Claustro do profesorado e o Consello Escolar.


Logo do estudo por parte da Comisión creada ao efecto de todos os proxectos presentados polos distintos centros, o noso foi seleccionado. Polo que, a partir do vindeiro curso poderemos disfrutar das infraestructuras das que son dotados os centros Abalar pola Consellería de Educación.


No curso 2011/12 as aulas de 5º de Ed. Primaria e no curso 2012/13 as aulas de 6º de Ed. Primaria.


Cremos que é unha circunstancia importante no achegamento das novas tecnoloxías aos procesos de ensinanza-aprendizaxe, do que se beneficiará todo o noso alumnado.


Para máis información premer no enlace : http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/node/129

( categories: )

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2011/12.

Enviado por Maravillas en Dom, 08/28/2011 - 21:32.

Para consultar o calendario escolar do vindeiro curso académico 2011/12:


Orde do 24 de maio de 2011, publicado o luns 30 de maio de 2011.

( categories: )

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO e Material Infantil PARA O CURSO 2011/12

Enviado por Maravillas en Mar, 06/21/2011 - 02:08.

Para consultar o listado de libros de texto para o curso 2011/12, premer aquí.


Para consultar o material de Ed. Infantil para o curso 2011/12, premer aquí.

( categories: )