Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Graduación 6ºEP e Festa fin de curso

 

 

02.06.2023

O vindeiro martes 13 de xuño ás 16:00h celebrarase o acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria e, a continuación, a partir das 17:30h gozaremos todos/as xuntos/as da festa de fin de curso organizada polo centro e a ANPA.

Erasmus - Grecia

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar

22.05.2023

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

Dende hoxe, día 22 de maio, ata o 21 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

  • Presentación de solicitudes:

- Preferiblemente, por vía electrónica, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e Chave 365.

- Opcionalmente, de xeito presencial, no centro (de 09:30h a 13:30h) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Os formularios están dispoñibles en:

https://sede.xunta.gal

https://www.edu.xunta.gal/fondo libros

Xunto á solicitude Anexo I (ED330B) deberá aportarse o Anexo II debidamente asinado, copia do libro de familia, sentencia ou convenio regulador en caso de divorcio e a documentación acreditativa das circunstancias persoais no caso de non asinar as autorizacións. A situación persoal, familiar e económica reflíctese ao 31 de decembro do 2021.

Educación Vial

21.05.2023

O pasado xoves 18, o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria participou nunha xornada de Educación Vial no cole da man da Policía Local de Ferrol. A pista de baloncesto converteuse nun circuito no que todos os nosos condutores/as tiñan que ter moito tino e respectar todos os sinais de tráfico. Premede no kart e accederedes á galería de fotos!

Letras Galegas

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO PODCAST

16.05.2023

Non vos perdades o novo podcast das Ondas do Cruceiro co gallo das Letras Galegas!

Excursión a Marcelle

14.05.2023

O pasado mércores 10 de maio o alumnado do primeiro ciclo foi de excursión ao parque zoolóxico Marcelle Natureza. Premede na imaxe e mirade que ben o pasaron!

Obradoiro sensorial

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MONTAXE

Non vos perdades esta montaxe audiovisual coa experiencia vivida polo alumnado de Infantil noutro dos seus obradoiros sensoriais. A gozar coa chegada da privamera!

Patrimonio de Galicia

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO PODCAST

As Ondas do Cruceiro "non calan". Xa tedes dispoñible un novo podcast, nesta ocasión, sobre o noso patrimonio. 

Día do Libro

PREMEDE PARA ACCEDER Á MONTAXE AUDIOVISUAL

Nesta ocasión, pola conmemoración do Día do Libro, realizáronse diferentes actividades ao longo da semana pasada. Reflexionamos sobre que é ler para nós, compartimos un emotivo momento lector, todo o alumnado e profesorado, nas zonas exteriores do centro e pechamos as actividades coa entrega de diplomas do concurso de relatos organizado polo equipo da Biblioteca escolar. 

Convocatoria axudas para aneae 23/24

26.04.2023

Convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24

Hoxe publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023, ambos incluidos.

As solicitudes poderán cubrirse desde a Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/portada.html

Na Resolución está indicado:

  • Tipo de axudas a percibir.
  • Alumnado destinatario.
  • Compoñentes das axudas nas distintas etapas.

Lembrade que as familias interesadas podedes solicitar cita co Departamento de Orientación do centro para resolver calquera dúbida con respecto á tramitación das becas, documentación precisa ou calquera outra circunstancia relacionada.

Distribuir contido