Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Día de Rosalía

PREMEDE PARA AMPLIAR A IMAXE

23.02.2023

Xa tedes dispoñibles no día de hoxe, Día de Rosalía, os primeiros capítulos do noso podcast, tanto en youtube como en spotify.

 

Día da Paz

05.02.2023

O pasado luns, día 30 de xaneiro, festexamos o Día da Paz. Nesta ocasión, quixemos traballar a importancia de ALENTAR. Alentar como xeito de valorar o esforzo dos demais e reforzar nas persoas a autoconfianza e a autosuficiencia. Cando alentamos a alguén, axudámoslle a sentirse valioso/a. Todos, alumnado e mestres, dedicámoslle aos nosos compañeiros e compañeiras palabras de alento que quedaron gravadas a través de corazóns e pétalos de flores.

Finalizamos a conmemoración, xuntos no patio exterior, escoitando a interpretación do Himno da Alegría e cantando e bailando ao son de A Música das Baleas: "A peor xogada".

Xornadas de Portas Abertas

 

O Cruceiro abre as súas portas a todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro. Ao longo destas dúas xornadas, realizarase un percorrido polo centro e as súas instalacións, así coma unha charla sobre os nosos proxectos, a nosa metodoloxía... e resolveremos todas aquelas dúbidas que teñades. Esperámosvos!

Calendario de reserva e admisión de alumnado 23/24

Visita Erasmus

Durante a semana do 3 ao 7 de outubro, un grupo de alumnos/as e profesores/as pertencentes ao proxecto Erasmus+ que estamos a desenvolver no centro, visitaron o Cruceiro. Foron uns días intensos e cheos de actividades relacionadas coa nosa cultura dentro do proxecto "Our culture, our treasure".

O primeiro día recibímolos no centro coa rondalla Añoranzas, participaron nunha "gymkhana" polas diferentes aulas para que coñeceran o centro e sairon de ruta polas meninas para coñecer o noso barrio. A semana continuou cunha visita a Santiago de Compostela, cun paseo pola ría e o Castelo de San Filipe, coa visita ao Arsenal, a Exponav, cun taller de meninas, chocolate con churros... culminando, o venres, bailando unha muiñeira acompañados/as da banda de gaitas de Narón que nos deleitou con varios temas típicos.

 

PREMEDE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

LINK DIARIO DE FEEROL

LINK VÍDEO RECOMPILATORIO DA VISITA

 

Distribuir contido