Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

NORMATIVA REGULADORA

 

   

 

INFORMACIÓN XERAL OBRIGATORIA

 

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

Así mesmo, a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  

O prazo de presentación de solicitudes de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

 

ONDE CONSEGUIR A SOLICITUDE

 

Os formularios de admisión normalizados de solicitude (ED550B anexo II) e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora (ED550 anexo II-bis) estarán accesibles:

 

a) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b) No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal

         c) Nas dependencias dos centros docentes.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN

 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Para a presentación presencial na secretaría do centro, establécese o seguinte horario:

  • De 9:15 a 13:30 horas

 

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR

 

Xunto co formulario de solicitude ED550B (anexo II), deberá presentarse:

 

a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

b) Documento acreditativo da representación (DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente).

c) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

 

Xornada de Portas Abertas

Menús Febreiro

Os nenos e nenas de Infantil coñecen as Galiñas de Mos

Onte a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos tróuxonos ovos das súas galiñas e explicáronnos todo o proceso da incubación e o nacemento.

Agora están nunha incubadora no ambiente de ciencias de Educación Infantil e dentro de aproximadamente 21 días, o alumnado poderá observar como nacen.

Estamos desexando ver como avanza a situación.

Reserva de praza para o curso 2024/2025

O procedemento de reserva de praza vai dirixido ao alumnado de 6º de Primaria que queira matricularse na ESO no centro de adscrición, ou sexa, o IES Ferro Vello.

O resto deberán solicitar a admisión no prazo establecido, do 1 ao 20 de marzo, no centro no que desexen continuar os estudos.

·      

Prazo de presentación:

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

·      

Presentación de solicitudes:

1. As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Tamén poden presentarse presencialmente na secretaría do colexio de 9:15 a 13:30 horas.

 

2. Os formularios normalizados de solicitude e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora tamén estarán accesibles:

 

a)    

Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b)    

No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal

c)    

Nas dependencias dos centros docentes.

 

3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

 4. A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

Novo micro nas Ondas do Cruceiro!

Menús Xaneiro

FELICES FESTAS

FELICES FESTAS

E FELIZ ANO 2024

Clipart de color de dibujos animados de globo de nieve de navidad | Vector  Premium

Volven AS ONDAS DO CRUCEIRO

Xa estamos de volta nas Ondas do Cruceiro! Neste novo episodio o alumnado de 4º e 5º realizou unha entrevista a catro xogadores do equipo Basketmi, un equipo ferrolán de baloncesto en cadeira de rodas. Podedes escoitalo tanto en youtube como en spotify.

https://www.youtube.com/watch?v=JtbAtHOQmRQ

https://open.spotify.com/episode/150pQGHhg2p5NYBurDDS6E?si=9c705388a1c34...

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Co Gallo do Día Mundial das Persoas con Discapacidade, o equipo de biblioteca, quere achegarvos algunhas recomendacións literarias coa finalidade de amosar a maiores e pequenos, que todos/as somos únicos/as e valiosos/as, así como a importancia da diversidade como fonte de aprendizaxe a todos os niveis.

Ademais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere presentarvos a Basketmi, un equipo de baloncesto no que os membros xogan en cadeiras de rodas.

Podedes descargar ámbalas dúas publicacións a continuación.

Distribuir contido