Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

II Revista Dixital

21.06.2023

Aquí vos deixamos o segundo número da nosa Revista Dixital "O Voceiro do Cruceiro". Rematamos este curso 2022/2023 e, con el, o noso proxecto de centro "Coñece Ferrol". Os nenos e nenas do Cruceiro cóntannos, nesta edición, como participaron e gozaron das actividades desenvolvidas. Agora toca... gozar das vacacións!

Bo verán a todos/as!

Día Mundial do Medio Ambiente

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

19.06.2023

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente e dentro do abano de actividades desenvolvidas no marco do noso proxecto de centro "Coñece Ferrol", o pasado mércores 14 de xuño saíron en misión especial os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 5º de Educación Primaria.

Ataviados con bolsas para o lixo e luvas, dispuxéronse a recoller e deixar libre de plásticos a praia de Doniños, un dos areais máis visitados por todos os ferroláns e ferrolás.

No mesmo areal, todos recibiron unha formación previa da man da bióloga da Asociación RetoqueRetro, Isa García, en torno a tres eixes: a procedencia dos residuos que chegan ao mar, a importancia de non contaminalo e as medidas que podemos tomar para coidar deste espazo. Esta asociación ten como obxectivo a reciclaxe con fines artísticos e concienciativos, defendendo a arte e o medio mariño.

Hoxe era a quenda para o resto de grupos do Cruceiro, pero o tempo non permitiu a expedición ata o areal, porén a Asociación RetoqueRetro achegouse ata o cole para compartir con todos/as os seus coñecementos sobre a arte, a reciclaxe e o mundo mariño.

Mensaxe ás novas familias de Infantil

                                           

Dende o equipo de infantil queremos dar al GRAZAS a todas as familias e nenos e nenas que nos acompañaron nos recreos ao longo desta semana. Foi un auténtico pracer compartir xogos e momentos xuntos/as. Agora, só toca agardar a setembro e, como recollemos nas flores... "de súpeto é hora de comezar e confiar na maxia".

Benvidos/as ao Cruceiro!

Proxecto competencial

O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou unha saída pola nosa cidade coa finalidade de atopar todos os edificios do arquitecto ferrolán Rodolfo Ucha. Para isto, percorreron as rúas seguindo un itinerario que xa traballaran previamente na área de Proxecto Competencial.

Bautismo de mar

O alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu o seu Bautismo de mar nunha saída ao Arsenal de Ferrol.

Colouring our emotions

Aquí vos deixamos algunhas imaxes sobre un proxecto Etwinning que se traballou na materia de pástica bilingüe de primeiro titulado Colouring our emotions.

Instalación sensorial Reciclaxe

11.06.2023

                      

 PREMEDE NOS LOGOS PARA VER O ANTES E O DESPOIS

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), todo o alumnado de infantil gozou dunha instalación de xogo libre con matrerial reciclado: caixas de cartón, tubos, chapas, tapóns, cortizas, teas, CDs, láminas de cartón, pinzas, xornais, papel triturado...

O material colocouse dun xeito estratéxico: pendurado do teito, botes e caixas cheas, torres de papel, rolos que simulaban catalexos, gorros e barcos de papel, cartón en forma de casiñas...

Así, de maneira libre foron explorando cada unha das "estacóns" propostas, cambiando de zona, de xogo, de material, de compañeiros/as de aventuras...

Un xeito máis de experimentación sensorial, de fomento da imaxinación, da creatividade, das interaccións sociais entre as diferentes idades... pero, sobre todo, de concienciación e da importancia que teñen as "3R": Reducir, Reciclar e Reutilizar e que tanto estiveron a traballar ao longo de todo o curso.

Como inspiración, tiveron o conto "NON É UNHA CAIXA", lido previamente nas clases con cada grupo.

 

Matrícula 24/25

07.06.2023

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024-2025

O período para formalizar a matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos (información no teléfono 881 930 313).

Os impresos de solicitude pódense recoller en secretaría ou descargar nos enlaces que figuran na listaxe de documentación sinalada a continuación.

Documentación que se solicita para formalizar a matrícula:

  • Documento de formalización de matrícula cuberto e asinado. Anexo III-1.
  • Fotocopia da folla do Libro de Familia na que figure inscrito o/a alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia Numerosa, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta do SERGAS ou equivalente.
  • Certificado Médico no que conste que ten todas as vacinas e non padece enfermidade infectocontaxiosa (non é necesario que sexa en impreso oficial).
  • Certificación académica do centro no que o/a alumno/a estivo matriculado no curso 2022/2023 (para o alumnado de Educación Primaria).
  • Certificado de discapacidade, se é o caso.
  • Cubrir o impreso de autorización da publicación da imaxe por parte do centro.
  • Escoller relixión ou alternativa no impreso correspondente.
  • Cubrir o impreso de inscrición no Programa de Alerta Escolar, se é o caso.
  • Dúas fotos tamaño carné co nome ao dorso.

Con toda a documentación deben de traer os seus orixinais e copias.

As persoas que soliciten o servizo de comedor deben descargar a app ColeChef (código do centro: ESKRL0MB84).

 

Información Fondo Solidario

PREMEDE NA IMAXE PARA AMPLIALA

 

Erasmus

TRADITIONAL FAIRY TALE (Premede no logo da esquerda)

 Nesta actividade, cada participante elixiu un conto tradicional e o representou no idioma nativo para despois subtitulalo en inglés.

 

TRADITIONAL DANCES (Premede no logo da esquerda)

 Cada socio do proxecto elixiu un baile tradicional ou típico do seu país e explicou paso por paso como levar a cabo a coreografía. 

MULTI-LINGUAL SONG ALBUM (Premede no logo da esquerda)

 Os socios do proxecto gravamos un CD con cancións de cada país e escribimos a biografía e a letra da canción en inglés.

LOCAL ARCHITECTURAL SYMBOLS (Premede no logo da esquerda)

 Nesta actividade tivemos que describir algúns dos edificios máis relevantes das nosas cidades.

COOK MY FOOD (Premede no logo da esquerda)

 Nesta actividade, os socios do proxecto tivemos que elaborar un menú con pratos típicos da nosa rexión.   Cada socio elixiu que prato do menú facer. Nós eliximos o entrante e ensinamos a elaborar pementos de Padrón.

ART STOP (Premede no logo da esquerda)

 A través deste link pódese acceder ás caracterizaqcións de diversos cadros famosos de cada país participante do noso proxecto Erasmus+.

 Cada socio europeo tivo que elixir varios cadros famosos de pintores dos seus países e caracterizalos.

Distribuir contido