Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Erasmus

Visita de alumnado de Polonia

A semana pasada un pequeno grupo de alumnos e alumnas de Polonia visitou o noso colexio e os nenos e nenas de quinto estiveron ensinándolle parte da nosa cultura a través de diversas actividades como o Camiño Inglés ou a visita a Santiago de Compostela. Aquí vos deixamos uns recordos desta marabillosa experiencia.

PROXECTO ETWINNING

Este curso os nenos e nenas de sexto están a traballar con colexios doutros países europeos en torno ao tema de Xogos Olímpicos e saúde. 

A continuación publicamos as actividades que imos compartindo cos nosos compañeiros do proxecto.

Presentarse y presentar a otra persona | SuperNanny Barcelona

Viaxe Erasmus+ co CFR de Ferrol a Limerick (Irlanda)

O CFR de Ferrol organizou unha mobilidade de formación a Limerick (Irlanda) ao abeiro do programa Erasmus+ que durou dende o 9 de xullo ata o 15 de xullo. Dita mobilidade se enmarca no seminario F2106013 – Ensino e aprendizaxe en lingua inglesa, no cal participou Luis, un dos nosos mestres de inglés, durante o curso 2022/2023.

 

Erasmus

TRADITIONAL FAIRY TALE (Premede no logo da esquerda)

 Nesta actividade, cada participante elixiu un conto tradicional e o representou no idioma nativo para despois subtitulalo en inglés.

 

TRADITIONAL DANCES (Premede no logo da esquerda)

 Cada socio do proxecto elixiu un baile tradicional ou típico do seu país e explicou paso por paso como levar a cabo a coreografía. 

MULTI-LINGUAL SONG ALBUM (Premede no logo da esquerda)

 Os socios do proxecto gravamos un CD con cancións de cada país e escribimos a biografía e a letra da canción en inglés.

LOCAL ARCHITECTURAL SYMBOLS (Premede no logo da esquerda)

 Nesta actividade tivemos que describir algúns dos edificios máis relevantes das nosas cidades.

COOK MY FOOD (Premede no logo da esquerda)

 Nesta actividade, os socios do proxecto tivemos que elaborar un menú con pratos típicos da nosa rexión.   Cada socio elixiu que prato do menú facer. Nós eliximos o entrante e ensinamos a elaborar pementos de Padrón.

ART STOP (Premede no logo da esquerda)

 A través deste link pódese acceder ás caracterizaqcións de diversos cadros famosos de cada país participante do noso proxecto Erasmus+.

 Cada socio europeo tivo que elixir varios cadros famosos de pintores dos seus países e caracterizalos.

Erasmus - Grecia

 

Visita Erasmus

Durante a semana do 3 ao 7 de outubro, un grupo de alumnos/as e profesores/as pertencentes ao proxecto Erasmus+ que estamos a desenvolver no centro, visitaron o Cruceiro. Foron uns días intensos e cheos de actividades relacionadas coa nosa cultura dentro do proxecto "Our culture, our treasure".

O primeiro día recibímolos no centro coa rondalla Añoranzas, participaron nunha "gymkhana" polas diferentes aulas para que coñeceran o centro e sairon de ruta polas meninas para coñecer o noso barrio. A semana continuou cunha visita a Santiago de Compostela, cun paseo pola ría e o Castelo de San Filipe, coa visita ao Arsenal, a Exponav, cun taller de meninas, chocolate con churros... culminando, o venres, bailando unha muiñeira acompañados/as da banda de gaitas de Narón que nos deleitou con varios temas típicos.

 

PREMEDE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

LINK DIARIO DE FEEROL

LINK VÍDEO RECOMPILATORIO DA VISITA

 

Distribuir contido