Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Equipo

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Co Gallo do Día Mundial das Persoas con Discapacidade, o equipo de biblioteca, quere achegarvos algunhas recomendacións literarias coa finalidade de amosar a maiores e pequenos, que todos/as somos únicos/as e valiosos/as, así como a importancia da diversidade como fonte de aprendizaxe a todos os niveis.

Ademais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere presentarvos a Basketmi, un equipo de baloncesto no que os membros xogan en cadeiras de rodas.

Podedes descargar ámbalas dúas publicacións a continuación.

SEGUNDA VISITA DA TROGLODITA

Hoxe pola mañá tivemos nova visita da troglodita. Cando chegamos ás aulas tiñamos dúas pegadas nos encerados cun código QR, que contiña un vídeo desta personaxe tan misteriosa e que achegamos nesta publicación.

 Nel contaba que viña recoller os debuxos que fixera o alumnado sobre como a imaxinaban. O resultado… auténticas marabillas!!! Moitas grazas polas vosas aportacións.

 Ela, a cambio deixounos nova información. Hoxe, día 20 de novembro é o Día Universal da Infancia, no que se lembran e defenden os dereitos dos nenos/as, sendo un deses dereitos o de ter un nome, unha identidade. Así que, aproveitou e compartiu con nós como se chamaba: “Kanda” que antigamente significaba “poder máxico”.

 Seguiremos informando das novas andainas de Kanda.

Equipo de biblioteca.

Recomendacións Biblioteca

“Dende o Equipo de Biblioteca queremos axudar a que pasedes… un Samaín de medo! Aquí vos deixamos unha recompilación de varios libros que encherán de maxia e feitizos estas datas.
 
Podedes ver, na cortiza da nosa biblioteca,as portadas que seleccionamos para cada idade.
 
Premede na imaxe para acceder á presentación onde atoparedes máis información sobre cada libro.
 
Feliz Samaín!!
O equipo de biblioteca.”
 

UNHA INTRUSA NO CRUCEIRO DE CANIDO…

Algo estraño aconteceu hoxe na nosa escola... Cando chegamos pola mañá, o chan, as portas, as paredes... estaban cheas de moreas de pegadas de pés e mans. 
 
Quen visitou durante a fin de semana o Cruceiro de Canido?
 
Nas aulas deixou un agasallo para cada grupo: unhas caixas viaxeiras con contos e libros, procedentes da nosa biblioteca, o lugar que máis lle gustou da escola. 
Para explicalo, incluíu nesas caixas, un código QR cun vídeo, unhas caixas de suxestións e varios retos para o noso alumnado.
 
Mirade o vídeo para saber un pouco máis deste suceso tan estraño.
Tamén vos deixamos unhas fotos do acontecido hoxe pola mañá.
 
     
 
 
 
Aproveitando que, mañá 24 de outubro, será o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, quixemos dar comezo coas propostas de actividades que sairán do equipo de biblioteca. 
Unha pequena motivación para o noso alumnado e así dar renda solta á súa imaxinación, interese e goce pola lectura.
 
Seguiremos informando...
O equipo de biblioteca.
Distribuir contido