Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Lector

Recomendacións Biblioteca

“Dende o Equipo de Biblioteca queremos axudar a que pasedes… un Samaín de medo! Aquí vos deixamos unha recompilación de varios libros que encherán de maxia e feitizos estas datas.
 
Podedes ver, na cortiza da nosa biblioteca,as portadas que seleccionamos para cada idade.
 
Premede na imaxe para acceder á presentación onde atoparedes máis información sobre cada libro.
 
Feliz Samaín!!
O equipo de biblioteca.”
 

UNHA INTRUSA NO CRUCEIRO DE CANIDO…

Algo estraño aconteceu hoxe na nosa escola... Cando chegamos pola mañá, o chan, as portas, as paredes... estaban cheas de moreas de pegadas de pés e mans. 
 
Quen visitou durante a fin de semana o Cruceiro de Canido?
 
Nas aulas deixou un agasallo para cada grupo: unhas caixas viaxeiras con contos e libros, procedentes da nosa biblioteca, o lugar que máis lle gustou da escola. 
Para explicalo, incluíu nesas caixas, un código QR cun vídeo, unhas caixas de suxestións e varios retos para o noso alumnado.
 
Mirade o vídeo para saber un pouco máis deste suceso tan estraño.
Tamén vos deixamos unhas fotos do acontecido hoxe pola mañá.
 
     
 
 
 
Aproveitando que, mañá 24 de outubro, será o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, quixemos dar comezo coas propostas de actividades que sairán do equipo de biblioteca. 
Unha pequena motivación para o noso alumnado e así dar renda solta á súa imaxinación, interese e goce pola lectura.
 
Seguiremos informando...
O equipo de biblioteca.
Distribuir contido