Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Instalación sensorial Reciclaxe

11.06.2023

                      

 PREMEDE NOS LOGOS PARA VER O ANTES E O DESPOIS

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), todo o alumnado de infantil gozou dunha instalación de xogo libre con matrerial reciclado: caixas de cartón, tubos, chapas, tapóns, cortizas, teas, CDs, láminas de cartón, pinzas, xornais, papel triturado...

O material colocouse dun xeito estratéxico: pendurado do teito, botes e caixas cheas, torres de papel, rolos que simulaban catalexos, gorros e barcos de papel, cartón en forma de casiñas...

Así, de maneira libre foron explorando cada unha das "estacóns" propostas, cambiando de zona, de xogo, de material, de compañeiros/as de aventuras...

Un xeito máis de experimentación sensorial, de fomento da imaxinación, da creatividade, das interaccións sociais entre as diferentes idades... pero, sobre todo, de concienciación e da importancia que teñen as "3R": Reducir, Reciclar e Reutilizar e que tanto estiveron a traballar ao longo de todo o curso.

Como inspiración, tiveron o conto "NON É UNHA CAIXA", lido previamente nas clases con cada grupo.