Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Programa Observa Acción

O día 15 de marzo Anabel, Bri e Luis visitaron o CEP de Carreira ao abeiro do programa educativo Observa_Acción. Nesta xornada puidemos ver como a coordinación de todo o claustro e a súa implicación permiten o ensino das ciencias implicando aos 50 alumnos que asisten a este centro. Tamén asistimos a unha sesión de Arts no que empregaron e-textiles para iluminar un debuxo. Ademáis tivemos tempo para comprobar como se organizan as mestras de 1º e 2º para dar de forma conxunta unha sesión de lingua castelá. Por último tivemos unha reunión post-observación na que analizamos os distintos contextos de aprendizaxe que os nosos centros debemos afrontar así como as oportunidades e debilidades que estes traen consigo.

Durante este curso participamos no programa educativo Observa_Acción. Este programa educativo promove a observación entre docentes como método de aprendizaxe e de innovación docente. Ao abeiro deste programa, o día 29 de febreiro recibimos a visita do CEP de Carreira, quen puideron observar como algunhas das nosas mestras impartiron matemáticas, educación artística, inglés ou lingua castelá. A xornada finalizou cunha reunión post-observación na que compartimos experiencias e resolvimos dúbidas.