Skip to Content

Comedor escolar

LISTAXES DEFINITIVAS SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2022 - 23

Publícanse as listaxes definitivas para o servizo de comedor do curso 2022-23.

LISTAXES PROVISIONAIS SERVIZO COMEDOR CURSO 2022_23

O Consello Escolar reunido o 15 de xullo de 2022, acorda adxudicar provisionalmente as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, ou nos documentos adxuntos, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2022/23.

Estas prazas están condicionadas a:

  1. Protocolos que publique a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade para a organización de comedores escolares.
  2. Dispoñibilidade de colaboradores/as suficientes para atender o servizo cumprindo con todas as medidas.
  3. Calquer outra circunstancia que incida directamente no desenvolvemento do servizo.

O prazo de subsanación de documentación é de 5 días, rematando o venres 22 de xullo.

SOLICITUDE PERSOAL COLABORADOR/ DE COMEDOR ESCOLAR

Ata o día 7 de setembro, estará aberto o prazo para solicitar praza de colaborador/a para o servizo de comedor escolar deste centro educativo.

Poderán optar a ser colaborador/a calquera pai/nai, titor/a legal ou acolledor familiar de alumnado matriculado durante o curso escolar 2022/23

Para facer a solicude debe cubrir o impreso correspondente, que pode atopar nesta mésma páxina ou na secretaría do centro.

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022 - 23

Apertura do prazo de solicitude para os SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR para o curso 2022-23 dende o luns 4 ATA O 13 DE XULLO inclusive,  en horario de 9:30h a 13:30h.

Documentación a presentar:

  • Solicitude servizos complementarios Transporte e Comedor escolar.
  • Autodeclaración (Obrigatorio)
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar actualizado (Obrigatorio).
  • Documentación que acredita descapacidade alumnado.
  • Documentación que acredita pertencer a familia numerosa.
  • Incompatibilidade de horario laboral:

-Informe de vida laborar ou certificado de Persoal se é empregado público.
-Certificación da empresa do horario laboral ou duración da xornada laboral.
-Autónomos: 1- Certificación xustificativa de alta no IAE.

                    2-Declaración xurada responsable de horario laboral.       

 

 

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 3º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 3º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 1º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

MENÚS SEGUNDO TRIMESTE 2020-21

Publícanse os menús correspondentes ao 2º trimestre.

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

     Logo das xestións realizadas tanto no Servizo de Comedores dependente da Consellería de Educación como diante doutros departamentos e servizos da propia Consellería, con data 29 de setembro, recibimos unha resolución do Secretario Xeral Técnico da mesma resolvendo que “se amplía o número de persoal de atención ao alumnado do comedor de xestión directa do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos mentres se manteña a actual situación da pandemia COVID-19, en 12 persoas quedando fixadas en 27 as persoas colaboradoras no comedor escolar”.

Pago telemático da taxa servizo comedor (Titorial Antigo)

Para un mellor funcionamento da aplicación, recoméndase empregar ordenador ou no caso dun móbil a versión web.

Distribuir contido


by Dr. Radut