Skip to Content

Comedor escolar

Comedor escolar: Menús internacionais

O servizo de comedor escolar ofrecerá durante os próximos venres alternos, menús de comida internacional.
Deste xeito, o venres, 25 de xaneiro, comezaremos polo continente asiático, co seguinte menú:

1-Ensalada china: Leituga – cenoria – xamón e salsa china (Vinagre, azucre e aceite)
2- Polo á laranxa con arroz. (Polo elaborado ao forno)
3- Plátano frito tailandés (Plátano fritir - leite de coco)

Bo proveito !!

Comedor escolar: Colaboradores/as

Comunicamos que se produciron varias baixas entre os pais/nais colaboradores do servizo de comedor por incompatibilidade cos seus horarios laborais.

Necesitamos urxentemente pais e/ou nais que poidan desempeñar esta labor entre as 14:30h e as 16:30h. Nos próximos días xa non dispoñemos dos 15 colaboradores/as necesarios.

Se están dispostos a colaborar, rogamos chamen ao centro (881866083) ou no correo comedor@pedrouzos.gal

Menú 2º trimestre curso 18/19

Menús do 2º trimestre

Como novidade, incorpóranse este trimestre cinco menús de cocina internacional. Detallaranse máis adiante os pratos que os compoñen.

 

 

Menús 1ºTrimestre 2018/19

Publicamos os menús do comedor escolar  do primeiro trimestre deste curso.

 

INFORMACIÓN COMEDOR

Xestión Comedor Correo electrónico Teléfono
Xoán Cabo - Director comedor@pedrouzos.gal

881866078

881866079

Listaxes definitivas do servizo de comedor 2018/19

 O Consello Escolar do martes, 24 de xullo de 2018, acordou:

 1-Publicar as listaxes de usuarios de servizo de comedor

 2-Habilitar un espazo provisional na entrada de infantil ampliando as prazas de servizo de comedor ata un máximo de 386 comensais

3-Non aceptar a proposta de eliminar a entrada de infantil como espazo educativo, sustituíndoo por un espazo cuberto diante da cociña.

 4-Solicitar a Consellería a actualización das Becas de usuarios do servizo de comedor, axustándo o número de comensais aos espazos dispoñibles nos dous comedores.

Comedor escolar: listaxes provisionais admisión

Xuntamos listaxes provisionais de admisión no servizo de comedor escolar.

Ata o día 13 de xullo poden completar documentación ou presentar reclamacións.

O día 20 de xullo publicaranse as listaxes definitivas

Información

Listaxes globais

Listaxe

provisional

admitidos

Listaxe

completar

documentación

Listaxe

excluídos

provisional

 

 

Planificación comedor escolar 18/19

Xuntamos anuncio de apertura de selección de persoal colaborador para o servizo de comedor escolar 2018/19 así como a INSTRUCCIÓN 1/2018 da Secretaria Xeral, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa.

Instrucción 1/2018 Solicitude colaboradores/as

Solicitude servizos complementarios: comedor e transporte

Documentación que deberá entregar o alumnado matriculado no centro ata o 22 de xuño segundo o que solicite:

 

Non solicita servizos complementarios

Solicita transporte Solicita comedor
Solicitude  servizos complementarios X X X
Autodeclaración comedor X X X
Declaración responsable domicilio   X X
Documentación baremo     X
Outros documentos     X

Menús 3º trimestre

Menús 3º trimestre

Menus

Distribuir contido


by Dr. Radut