Skip to Content

Comedor escolar

Consumo de Froita fresca - Febreiro 18

 Plan de consumo de froita nas escolas 2017/18

 Alumnado de educación infantil e primaria:

Este curso escolar, o noso centro participa novamente no plan de consumo de froita nas escolas coa axuda financieira da Unión Europea.

No mes de febreiro e durante 10 días, na hora do recreo, repartirase unha peza de froita ao alumnado.

Rogamos animen aos seus fillos/as a participar na campaña e o teñanm en conta na merenda.

Menús 2º Trimestre comedor escolar 2017/18

Xuntamos menús do servizo de comedor para o 2º trimestre

Solicitude de participación colaboración no comedor escolar

 Informamos que ampliamos ata o próximo venres 12 de xaneiro a admisión nas listaxes de nais/pais como persoal colaborador do servizo de comedor escolar.

 Para inscribirse como colaboradores poden solicitar o impreso na secretaría do centro, na web do centro ou no correo electrónico comedor@pedrouzos.gal

 

 

LISTAXES COMEDOR CURSO 2017/18

Unha vez examinada a documentación e reclamacións presentadas para o servizo de comedor, o Consello Escolar do centro acordou a publicación das listaxes de admitidos/s e alumnado sen praza.

Listaxe de admisión

Listaxe de alumnado sen praza

Outubro 2017

No Consello Escolar celebrado o 18 decembro de 2017, confirmouse que a letra de clasificación de cada un dos colectivos  nas listaxes de alumnado sen praza e a  "i"

MOI IMPORTANTE : Comedor escolar 2017/18

Recordamos a necesidade de que todo o alumnado do centro que desexe empregar o comedor escolar no curso 2017/18, ten que presentar a documentación necesaria para solicitar dito servizo.

A través do alumnado, no mes de xuño, enviouse información e documentos que como mínimo deberá presentar

  • Folla de relación de documentos presentados
  • Autobaremación ou renuncia ao servizo
  • Declaración responsable de domicilio do alumno/a

Está documentación debe presentarse antes do 30 de xuño de 2017.
No primeira quincena do mes de xullo só poderemos publicar a listaxe provisional de adxudicación de prazas de comedor de usuarios  que o solicitaron coa documentación correspondente e que se atopa nunha das seguintes situacións:

  • Alumnado usuario lexítimo de transporte escolar (alumnado da área de influenza do centro e os seus irmáns con domicilio a máis de 2 km)
  • Alumnado con situación socioeconómica desfavorable
  • Alumnado membro de familias numerosas
  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%

O resto de solicitudes baremarase, publicando a listaxe definitiva no mes de setembro.

Semana da froita

Do 20 ao 24 de marzo tivemos a segunda "semana da froita" deste curso.

Todos estes días repartiuse froita entre o alumnado nas merendas do recreo.

Esta iniciativa pretende fomentar o consumo destes alimentos entre os/as rapaces/as, mellorando os seus hábitos de alimentación. Mazá, pera, plátano, amorodo e mandarina foron as froitas de tempada escollidas nesta ocasión.

Nalgunhas clases aproveitaron para elaborar unha ensalada de froitas que encantou, incluso aos que non lles gusta a froita.

Animádevos a facelo na casa!!!!!

 

 
   

Menús Comedor 2º trimestre 2016/17

Xuntamos relación de menús correspondentes ao 2º trimestre do curso escolar 2016/17.

Prema na imaxe para acceder ao documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut