Skip to Content

Comedor escolar

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

     Estamos tratando de reorganizar o servizo de comedor escolar para que un maior número de familias podan facer uso do mesmo. Logo das conversas mantidas coa responsable do Concello de Brión sobre este tema e buscando a colaboración de todos para solucionalo.

   Comunicamos que: logo de recibir confirmación do Concello sobre a viabilidade de contratar monitores de actividades para poder ampliar a oferta do comedor, (as contratacións non dependen do centro educativo) mantémonos á espera de que tanto Inspección Educativa como o Servizo de Comedores dean o seu visto e prace.

   Cando isto se produza tentaremos reorganizar o servizo en 2 quendas e dar así praza ao maior número posible de solicitudes presentadas.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

  Logo das reunións mantidas ao longo da mañá de hoxe tanto co Servizo de Comedores como con Inspección Educativa, comunicamos que a capacidade do servizo de comedor se verá condicionada ao cumprimento das normas recollidas nos protocolos das Consellerías de Sanidade e Educación elaborados para adaptarse ao contexto da COVID-19, á falta de persoal colaborador para garantir un servizo de comedor con garantías sanitarias suficientes, e a outros axustes.

SERVIZO COMEDOR ESCOLAR 20_21

O Consello Escolar, reunido hoxe en sesión ordinaria, informa que non temos suficientes colaboradores/as para poder ofrecer o servizo de comedor. As esixencias sanitarias establecidas no PROTOCOLO, fan que co número de colaboradores/as das que dispoñemos actualmente non poidamos ofrecer todas estas garantías.

Polo tanto, abrimos un prazo extraordinario de 24h, para que as familias poidan presentar as solicitudes para colaborar no servizo de comedor. De non contar con un número suficiente, o servizo verase afectado.

SERVIZO DE COMEDOR CURSO ESCOLAR 2020-2021

O 1O de setembro está previsto que comece o novo curso escolar.

A día de hoxe, as dúbidas e incertidumes son moitas sobre como vai ser ese inicio. Iremos informando puntualmente.

LISTAXES COMEDOR CURSO ESCOLAR 2020-21

No día de onte 27 de xullo, estaba previsto publicar as listaxes definitivas de alumnado que obtería praza no comedor escolar para o vindeiro curso.

O Consello Escolar decideu, por unanimidade, e ante as dúbidas e inconcrecións das medidas propostas por parte das Consellerías de Educación e Sanidade, agardar aos primeiros días de setembro para publicar esta listaxe á espera de que a Consellería de Educación complete as medidas propostas no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 con unhas INSTRUCIÓNS que sacará antes de que comence o curso.

LISTAXE ADMITIDOS SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO2020/21

O Consello Escolar do 14 de xullo de 2020, acorda por unanimidade adxudicar provisionalmente as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/19 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2020/21.

Asi mesmo acordou:

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21

Apertura do prazo de solicitude para os SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR, para o curso 2020-21 dende o  22 DE XUÑO ATA O 10 DE XULLO    en horario de 9:30h a 13:30h.                           

Documentación a presentar:

CONVOCADAS AXUDAS PARA FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR

   No día de hoxe, luns 30 de marzo, a Consellería publica unha convocatoria de axudas para as familias que teñen alumnado no servizo de comedor dos centros con xestión directa, que é o caso do noso.

   Vai dirixido ás familias do alumnado que utiliza este servizo e que ostenta a condición de gratuidade ( que polo tanto non pagan nada) e dos que por renda familiar resulta pagador de 1€.

MENÚS 2º TRIMESTRE

 

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

COMEDOR ESCOLAR: MENÚS DO 1º TRIMESTRE

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

Distribuir contido


by Dr. Radut