Skip to Content

Comedor escolar

LISTAXES DEFINITIVAS COMEDOR 2019/20

Rematado o prazo de reclamacións, e  según o acordado no consello escolar do 12 de xullo, publícanse as listaxes definitivas de admitidos no servizo de comedor para o curso 2019/20.

Asi mesmo, publicamos as listaxes de agarda, segundo a orde establecida.

 

 

Planificación comedor escolar 2019/20

Lembramos que ainda está o prazo aberto para presentar  a solicitude para persoal colaborador para o servizo de comedor escolar 2019/20.

Xuntamos anuncio de apertura de selección de persoal colaborador, así como a INSTRUCCIÓN 2/2019 da Secretaria Xeral, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR

 

O Consello Escolar do 12 de xullo de 2019, acorda por unanimidade adxudicar provisionalmente 370 prazas que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 6 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2019/20.

 Para completar as prazas ata as 380, (límite máximo de prazas de comedor), no mesmo consello, acórdase fixar os seguintes criterios de admisión:

  1. Estar na listaxe de espera para o servizo de comedor no curso 2018/19.

  2. Letras de desempate (1º apelido E-C; 2º apelido U-P), letras de prioridade de matrícula na orde de admisión para o curso 2019/20.

O Consello Escolar do 12 de xullo de 2019, acordou:

  1. Publicar as listaxes provisionais o luns 15 de xullo.

  2. Abrir un prazo de reclamacións e para completar documentación, de oito días, ata o 23 de xullo.

  3. Publicar as primeiras listaxes definitivas o mércores 24 de xullo.

 

 

Planificación comedor escolar 2019/20

Xuntamos anuncio de apertura de selección de persoal colaborador para o servizo de comedor escolar 2019/20 así como a INSTRUCCIÓN 2/2019 da Secretaria Xeral, sobre o funcionamento de comedores escolares de xestión directa.

INSTRUCCIÓN 2/2019 COLABORADORAS/ES

Solicitude comedor e transporte curso escolar 2019/20

Xuntamos documentación para a solicitude de servizos complementarios.

O luns 17 de xuño farase chegar ás familias a través do alumnado.

TODO o alumnado, solicite ou non servizos complementarios terá que entregar necesariamente a seguinte documentación:

1-Anexo 0: Relación de documentación entregada

2-Anexo 1: Solicitude/renuncia de transporte escolar

3-Anexo 2: Solicitude/renuncia de comedor escolar

4-Anexo 3: Declaración responsable de domicilio

Se solicita comedor escolar e non é usuario lexítimo de transporte (domicilio a menos de 2 km do colexio) ou non lle corresponde este centro por ser doutra zona educativa (outro concello, correspóndelle outra unitaria), terá que presentar:

5-Autodeclaración 

2-Documentación que acredite incompatibilidade horaria familiar co servizo de comedor / documentación que acredite minusvalía do alumno/a / documentación que acredite ser familia numerosa / outra documentación que considere relevante

Comedor escolar: Menú 3º trimestre curso 18/19

Publicamos os menús do comedor escolar para as semanas que restan ata fin de curso. Incorpóranse algúns dos pratos de comida internacional que tiveron máis éxito entre o alumnado.

Comedor escolar: Menús internacionais

 

Comidas mundo

En con este menú, rematamos ca proposta de comidas internacionais para este curso. Queremos agradecer a todos/as os/as que a fixeren posible a iniciativa, preparación e posta en práctica. Grazas!, ¡Gracias!, Thank you!, Grazie!, Merci!, ευχαριστώ!, 谢谢, شكرا...

Dende o servizo de comedor escolar rematamos esta semana cos menús de comida internacional.

Deste xeito, o venres, 22 de marzo, continuamos por ÁFRICA, co seguinte menú:
1º-Tabulé con cuscús (cuscús, queixo feta, tomates, aceite de oliva, limón, perexil e pementa moída).

2º- Falafel en pan de pita con hummus (cebola, perexil fresco, cilantro fresco, allos picados, comino moído, pan relado, bicarbonato, sal, pementa negra, aceite de fritir. Pan de pita, leituga e tomate para acompañar. Hummus.

Ver receitas adxuntas.

Sobremesa- Xeado de coco.

Que aproveite! ¡Que aproveche! Enjoy your meal!

Comedor escolar: Menús internacionais

Dende o servizo de comedor escolar tiñamos programado para o venres 8 de marzo seguir cos menús de comida internacional. Pero, debido a folga con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, pospoñemos o menú do continente europeo, para o seguinte venres, 15 de marzo, coa seguinte proposta:

- Ensalada César (leituga, polo, pan torrado, parmesano e mollo César: ovo, anchoas, aceite de oliva, sal, allo, vinagre e parmesano).

- Quiche Lorreine (masa brisa, ovos, leite, panceta, queixo relado, sal).

Ver receitas nos anexos.

Postre- Macedonia (mandarina, uva e frambuesa).

Que aproveite! ¡Que aproveche! Καλη Ορεξη! Bon appétit! 

Comedor escolar: Menús internacionais

Dende o servizo de comedor escolar seguimos esta semana cos menús de comida internacional.

Deste xeito, o venres, 22 de febreiro, continuamos por OCEANÍA, co seguinte menú:

1º- Crema de col (col ou repolo, pataca, cenoria, pemento vermello, caldo, manteiga, ovos e perexil).

2º- Pastel de carne con masa crebada (carne de tenreira picada, masa crebada, cebola, pemento verde italiano, fariña de millo, salsa soia, noz moscada, ovo, pementa e follas de ourego frescas).

Postre - Papaia

(Ver receitas no adxunto)

Que aproveite! ¡Que aproveche! Enjoy your meal!

 


 


  

 

 

Comedor escolar: Menús internacionais

Dende o servizo de comedor escolar seguimos esta semana cos menús de comida internacional.
Deste xeito, o venres, 8 de febreiro, continuamos polo continente americano, co seguinte menú:
1º- Mazorca de millo (mazorca con manteiga e sal, ao forno)
2º- Burrito mexicano (tortilla de trigo, carne mixta picada e rustrida, queixo, perexil, allo e leituga) con guacamole (aguacates, cebola picada, cilantro, lima e tomate). Ver receitas nos adxuntos.
Postre- Cherimoia.

Bo proveito!! ¡¡Que aproveche!! Enjoy your meal!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut